Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 17 de xaneiro de 2017

Actualización do calendario oficial de vacinacións infantís



A partir do 1 de xaneiro de 2017 actualízase o calendario de vacinación sistemática infantil de acordo coas recomendacións do calendario común do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), mantendo e asegurando unha protección adecuada e simplificando as pautas.

A Orde que modifica o calendario publicouse o venres 9 de decembro de 2016 no DOG e entrou en vigor o pasado día 1 de xaneiro de 2017. Este novo calendario supón un reaxuste nas datas e nas doses dalgunhas vacinas, por exemplo suporá a eliminación das doses dos 0 e 6 meses e o adianto de doses de recordo dos 18 meses aos 11meses de idade. Estes cambios comezarán a aplicárselles aos nacidos a partir do 1 de xulo de 2016.


           

0 comentarios:

Publicar un comentario