Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 17 de xaneiro de 2017

Circular 4 do Luns 16 de Xaneiro: 2º Cuadrimestre Piscinas Campolongo

2º CUADRIMESTRE PISCINAS DE CAMPOLONGO
 CURSO 2016-2017

Para incribirse na piscina municipal de Campolongo xestionada pola empresa Serviocio é mester efectuar a inscrición e pago os días  venres 20 de Xaneiro e luns 23 de xaneiro entre as 9:00 e as 9:30 no vestíbulo de Dirección do colexio. A cota cuadrimestral (do 1 de Febreiro de 2017 a 31 de Maio de 2017 ambos dous inclusive) é de 35 €. Por favor traian o diñeiro xusto para non ter problemas co cambio. Seguirase rigorosa orde de inscrición pois se trata de prazas limitadas. Trátase dunha sesión semanal de 45 minutos de duración.

Este ano a empresa concesionaria aumenta as posibilidades de escolla de horario, agora debe escoller un día (de luns a venres) e un horario (de 16:30 a 17:15 hs. ou de 17:15 a 18:00 hs.):

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
De 16:30 a 17:15 hs.
De 17:15 a 18:00 hs.


As normas desta instalación son especialmente estrictas, sobre todo no que respecta a puntualidade na entrada e recollida de rapazas e rapaces.


Normas da Piscina Municipal de Campolongo (Serviocio). MOI IMPORTANTE!

A actividade de “Natación Extraescolar” deste segundo cuatrimeste se levará a cabo do do 1 de Febreiro de 2017 a 31 de Maio de 2017 ambos dous inclusive.


DURANTE A ACTIVIDADE

Durante a actividade deberá haber polo menos un representante de cada centro para facerse cargo dos rapaces ou poder contactar con el en caso de que xurda algún imprevisto.
Non se pode permanecer nos vestiarios esperando mentres os nenos están na clase.
Lembrámoslles que para poder participar nas clases, todos os rapaces han de traer de xeito OBLIGATORIO un gorro, bañador e chanclas.
É moi recomendable que acudan con gafas de natación axeitadas para a súa idade.
Na instalación non dispoñemos de material para préstamo, pero si dunha tenda para mercar material de piscina e sala.

IDADE MÍNIMA DOS RAPACES

Os nenos que desexen vir ó curso de “Natación Estraescolar” han de estar matriculados no vixente ano, como mínimo, en 2º de Educación Infantil.

Por debaixo deste curso non poderán participar nesta actividade.
HORARIO: As actividades terán unha frecuencia de 1 clase semanal, e unha duración de 45 min por clase.

Para poder participar nas clases todos as/os rapazas/ces terán que traer de xeito OBRIGATORIO un gorro, bañador e chanclas. Non esquezan a toalla. É moi recomendable que acudan con lentes de natación axeitadas para a súa idade.

VESTIARIOS
Hai dous vestiarios destiandos ó uso dos colexios.
Vestiario nº 1: infantil masculino - cartel amárelo.
Este vestiario poden usalo os nenos de todas as idades e nenas menores de 6 anos.
Poden entrar tanto os país como as nais no vestiario, pero só pode ser un adulto por neno, e só no caso de que precise axuda para cambiarse.
Nembargantes, as nais non poden acceder nin asomarse á porta das duchas, xa que son duchas masculinas.
Os país que queiran axudar a bañar ós nenos, deben facelo con chanclas, e nunca acceder á zona de duchas con calzado da rúa.
Se se queren deixar as mochilas no vestiario, deberán de colocarse ou ben colgadas nas perchas ou dentro do armario común de dúas portas que está ó fondo á esquerda do vestiario, ó carón dos espellos.
Este armario se pecha con candado ós 10 minutos aproximadamente de que de comezo a clase e se volve a abrir a falta de 5 minutos para que remate a clase aproximadamente.
Non se pode facer uso das taquillas deste vestiario.
Non está permitido esperar dentro dos vestiarios mentres os nenos están na clase.

Vestiario nº 4: infantil feminino - cartel negro.
Este vestiario poden usalo as nenas de todas as idades e nenos menores de 6 anos.
Poden entrar tanto os país como as nais no vestiario, pero só pode ser un adulto por neno, e só no caso de que precise axuda para cambiarse.
Nembargantes, os pais non poden acceder nin asomarse á porta das duchas, xa que son duchas femininas.
As nais que queiran axudar a bañar ós nenos, deben facelo con chanclas, e nunca acceder á zona de duchas con calzado da rúa.
Se se queren deixar as mochilas no vestiario, deberán de colocarse ou ben colgadas nas perchas ou dentro do armario común de dúas portas que está entrando á dereita, ó carón da porta.
Este armario se pecha con candado ós 10 minutos aproximadamente de que de comezo a clase e se volve a abrir a falta de 5 minutos para que remate a clase aproximadamente.
Non se pode facer uso das taquillas deste vestiario.
Non está permitido esperar dentro dos vestiarios mentres os nenos están na clase.

Sexan puntuais na entrada e recollida da piscina!






0 comentarios:

Publicar un comentario