Noites Abertas continúa esta fin de semana coas segundas Xornadas de achegamento á cultura xaponesa a
través do Manga e Anime. Tanto venres coma sábado, na Casa Azul (rúa Sor Lucía, 2)en pleno centro histórico de Pontevedra e dende as 20h. ata as 00h., desenvolveranse estas II xornadas propostas por un colectivo de mozos e mozas estudantes en Pontevedra e que comparten a súa afección polo manga e o anime.
A proposta de actividades nestas xornadas é moi diversa, así e incluirán xogos, trivial, origami, proxeccións,
karaoke-free, un concurso de debuxo rápido e diferentes torneos e probas. Estas xornadas son abertas ao público de NOites Abertas (12-30 anos) e aínda que as persoas interesadas poden inscribirse previamente a través do facebook/tuenti (xornadas manganime), tamén poden facelo no momento de achegarse ás actividades.
En canto ao resto de actividades de Noites Abertas, o venres 9 de marzo a partir das 20h. no Colexio Froebel comezará o obradoiro de Contos ilustrados, e a actividade de Esgrima escénica. A partir das 21h. o
obradoiro de cartomaxia e ilusionismo e ás 22h. darán comezo os Bailes latinos e os obradoiros de abelorios
de ganchillo e técnicas gráficas e costura "Roupa Vella" .
O sábado 10, ademais das 2ª Xornadas de Manga e anime na Casa Azul, a programación amplíase ao Pavillón Multiusos da Xunqueira cunha nova sesión de partidos de Fútbol sala a partir das 21h.
E no colexio Froebel, este mesmo sábado, unha ampla programación con Patinaxe e hockey e os obradoiros de Teatro e de Cómic e animación 2D dende as 20h. Logo, a partir das 21h. comeza a actividade de Coiro e ás 21,30h. Peluches con calcetíns, para rematar coas actividades que comezarán ás 22h:Pasamanería (abelorios tradicionais) e Tenis de mesa libre.
A organización lembra que, como norma xeral, para as actividades non hai inscrición previa e que se algún dos obradoiros desborda a súa capacidade de participantes, estes poderán acudir a outra actividade que se realice ao mesmo tempo na mesma instalación, por este motivo se oferta unha ampla diversidade da oferta.
Existe tamén o carné de socio/a de Noites Abertas que aínda que non é requisito para particpar no programa, si permite participar en sorteos de agasallos do programa.
Información: Coordinación de Noites Abertas - Oficina de Xuventude - Concello de Pontevedra
r/ Sor Lucía, 2, 3º, 36002 Pontevedra
tel. 986 840367 e-mail: xuventude@pontevedra.eu
www.xuventude.pontevedra.eu
www.noitesabertas.com e tamén Facebook.
Recibide un cordial saúdo