Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 27 de febreiro de 2013

Pazo da Cultura: Programación 28 febreiro - 3 marzo



Concerto
Ciclo de Butaca- Banda de Música de Pontevedra
xoves 28 de febreiro ás 21:00 horas
Lugar: Teatro Principal
Prezo: de balde


Este xoves ás 21h. no Teatro Principal de Pontevedra unha nova entrega do Ciclo de Butaca 2013 da Banda de Música de Pontevedra adicado á Musica de cine do S.XXI coa colaboración especial de Roque Baños e baixo a dirección habitual de J.Lois Diéguez.

Programa: Alatriste - 800 balas - Las 13 rosas


Presentación
Disco - homenaxe a Manuel María "Andando a Terra"
Venres 1 de marzo ás 20:30 horas
Lugar: Teatro Principal
Prezo: de balde


"Andando a Terra" é un traballo musical sobre poemas de Manuel María realizado por Uxía e Sérgio Tannus. A idea orixinal do disco partiu da FUNDACIÓN MANUEL MARÍA DE ESTUDOS GALEGOS, e forma parte dun pack editorial no que tamén se inclúen o poemario inédito "Os lonxes do solpor" e o audioviusal "De amor e cantería".
Este documental será proxectado tamén durante a presentación do disco facendo unha lectura audiovisual dos espazos interiores do poeta a través dos espazos exteriores e das persoas que os habitan.


Música
Jazz no Principal 2013 - Joao Mortágua Quinteto
sábado 2 de marzo ás 21:00 horas
Lugar: Teatro Principal
Prezo: 5 eur. + gastos (3 eur. + gastos)



Sábado 2 de Marzo ás 21h no Teatro Principal chega o primeira das entregas de Jazz no Principal 2013 da man de Joao Mortágua Quintero composto por Joao Mortágua (saxo alto), Xan Campos (piano), Paco Charlín (contrabaixo), Max Gómez (batería) e
Iago Fernández (batería).
 
Entradas anticipadas en servinova a 5 euros + gastos de tramitación (3 euros + gastos para estudantes, parados e xubilados) e unha hora antes na billeteira.
 
A continuación terá lugar unha Jam Session no centro Social En Pé (Sarmiento, 38).


Teatro
Domingos do Principal - Far West de Yllana
Domingo 3 de marzo ás 12:00 horas e ás 18:30 horas.
Lugar: Teatro Principal
Prezo: 3 euros + gastos


Un vaqueiro agarda a chegada do tran para recibir a súa namorada. Antes de que se podan dar un bico ela xa é secuestrada por dous foraxidos malos malísimos.Unha revisión en clave de humor das peliculas do oeste con todos os ingredientes necesarios: Indios e vaqueiros, tribu salvaxe, Saloon, duelo, foraxidos, deserto, persecucións, cabalos...
Teatro de actor. Mudo. Humor. Recomendado a partir de 6 anos. Duración:75 minutos.
 
Entradas anticipadas en servinova a un prezo de 3 euros máis gastos de xestión é, non caso de quedar entradas dispoñibles, dúas horas antes de cada función na billeteira a un prezo de 3 euros.






luns, 25 de febreiro de 2013

Programa “CONTA COMIGO” 2013






Un programa divertido e alternativo para gozar do tempo de lecer en familia.

Conta Comigo é un programa de lecer e tempo Libre organizado pola Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA-PONTEVEDRA) en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, dirixido a familias (pais, nais e fillos/as) dos colexios públicos do concello de Pontevedra. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a participación conxunta de nais/pais e fillos/as en actividades nas que poder compartir experiencias, diversión e aprendizaxe.







DATAS DE REALIZACIÓN: Os venres e sábados dende o mes de marzo ó mes de maio 8, 9, 15, 16, 22, 23 DE MARZO. 5, 6, 12, 13, 19, 20, 26, 27 DE ABRIL. 3, 4, 10, 11 DE MAIO).

PDF - 141 KB
Nota informativa e ficha de inscrición
¡¡¡¡¡¡¡ESPERAMOS CONTAR COA VOSA PARTICIPACIÓN !!!!!!!!




domingo, 24 de febreiro de 2013

Cronica ciclo cine do sábado 23 de Febreiro 2013: OS CONTOS DO CAMIÑO I



Dicia unha coñecida canción “Cuéntame un cuento y verás que contento me voy a la cama y tengo lindos sueños…”, pois ben o sábado 23 as 17 horas contámosvos que nin o frío nin por moito  que nos deran con  “Pedra, Pau e Palla” ou nos ameazara algunha “Bruxa regañadentes” iamos deixar de soñar con proxectar para todos e cada un/unha de vos este Ciclo de Cine, porque a “Cousa que máis doe no mundo” é a mentira, polo que nos seguimos “corre corre, cabaziña” teimudos en facer que este Ciclo de Cine infantil sexa do voso agrado. E para ilo se temos que subir “Un gato na árbore” para que o “Rato Tom e a rata Tomasa” deixen en paz a “A tartaruga que quería durmir”  e que poidades meter todos os sorrisos e ilusión na “Pota que trota”, só con iso nos chegara para continuar con esta “Grande viaxe” e volver a ollarvos a todos/as os que estivestes onte o vindeiro dia 16 de Marzal na próxima proxección deste voso e noso Ciclo de Cine, e para todos/as  os que non estivestes vos animedes a asistir o vindeiro dia deixámosvos estas imaxe, para que vexades que isto non era un conto nin nos quedaremos no camiño.





















venres, 22 de febreiro de 2013

El Alcalde entre los pupitres del Álvarez Limeses


Lores acudió el miercoles 21  a la clase de 4ª B del colegio Álvarez Limeses y durante una hora respondió a las preguntas y peticiones de los niños que previamente le habían hecho por carta.


Pontevedra es una ciudad accesible y su alcalde no quiere ser menos. Si no, que se lo pregunten a los alumnos de 4ºB del Colegio Álvarez Limeses. Poco antes de las fiestas de carnaval remitieron al Ayuntamiento un sobre muy grande a nombre de Miguel Anxo Fernández Lores. Cuando lo abrió, se encontró con la sorpresa de un montón de cartas individuales en las que los niños le pedían muchas cosas para mejorar la ciudad y la vida de sus habitantes. El regidor no dudó en contestar a sus peticiones con una carta conjunta, a la vez que les comunicaba que le gustaría conocerles y continuar la conversación epistolar en persona. «Se vos parece, podería facervos unha visita á vosa clase para que me preguntedes todas as cousas que queirades». Dicho y hecho. Lores se acercó ayer al colegio Álvarez Limeses, charló durante una hora con los niños, le regalaron dibujos de bienvenida y hasta firmó autógrafos.

Peticiones

Los escolares le reiteraron al alcalde lo que habían escrito en sus cartas. Pablo le sugirió algunos cambios en Pontevedra, como hacer una «ciudad de niños con karts», un parque natural con animales, ayudar a las personas indigentes que duermen en la calle y a los perros abandonados, así como hacer algo con las personas que tiran basura en la calle y dejan los excrementos de los canes por ahí. Celia le pidió que «aparten» los polígonos industriales a zonas donde no contaminen. Erik insistió en que hay muchos animales abandonados que necesitan un refugio hasta que los adopten. Nicolás fue más concreto al proponer que se construya a unos kilómetros de Pontevedra un parque natural como el de Cabárceno (Cantabria) e incluso le puso nombre O Tesouro de Galicia. Y Ainoa pidió que no corten más árboles en Monte Porreiro.

Respuesta

Las respuestas de Fernández Lores fueron más o menos las mismas que les había anticipado también por carta. Primero, les agradeció que le hicieran llegar sus propuestas «con eses debuxos tan chulos». Y a la pregunta de si era muy difícil ser alcalde, les dijo que «as veces pode ser duro, pero tamén é moi agradecido, como agora, estando aquí con vós». Les aplaudió por tener claro que las calles son «como a nosa casa» y debemos mantenerlas en las mejores condiciones posibles, «pero non só porque as limpen os servizos de limpeza do concello, senón porque non debemos tirar nada ao chan, nin deixar os excrementos dos nosos animais de compañía», les dijo. Respecto a la petición de que se hagan parques con animales, tipo zoo, Lores explicó a los niños que «iso non é tan doado». Sería especialmente costoso para el Concello y más en tiempos de crisis. Y además, «¿se fósedes un elefante ou un león, onde vos gustaría vivir, nun parque pechado ou na sabana, a vosa casa?», les preguntó.
Al alcalde le encantaron los comentarios de los escolares que pedían una ciudad para los niños. «Cando pensamos nalgunha nova obra, aos primeiros que temos na cabeza, sodes vos e os maiores». Y presumió de que «Pontevedra sona a nenos».


Fuente: http://www.lavozdegalicia.es

ÁLBUM FOTOS VISITA ALCALDE AO CEIP ÁLVAREZ LIMESES



xoves, 21 de febreiro de 2013

1ª Festa do ensino público.


Word - 11.5 KB
Programa
Estimados/as socios/as, diriximonos a vostedes para presentarlles a proposta da 1ª FESTA DO ENSINO PUBLICO, que vai ter lugar o día 23 de febreiro nos espazos do Mirador de Monte Porreiro, e convidar á comunidade educativa do seu centro, especialmente as familias, xa que todos os centros recibirán a mesma invitación para facerllo chegar ao seu claustro.
O obxectivo é facernos escoitar como Comunidade Educativa reivindicando claramente un Ensino Público de Calidade nunha xornada lúdica proposta dende as asociacións de pais/nais. Cremos que todos xuntos, mestres/ mestras, pais/nais, titores, alumnos e toda a sociedade en xeral, debemos loitar con todos os instrumentos que teñamos á man para defender o que é un dereito de todos: A EDUCACION.
O Ensino Público ten graves problemas, e a situación vai empeorando progresivamente. Pensamos que non podemos ficar calados. O Proxecto da Nova Ley de Educación, a reducción drástica de docentes, o incremento de alumnos/as por aula , a disminución de axudas para estudos, libros, becas... Temos mil razóns para defender na medida do posible contra o descalabro do Ensino Público. Se non facemos o posible por paralo teremos en pouco tempo unha educación para ricos e una educación para pobres. Onde estaremos entón todos nós?. Ata agora nos manifestábamos os mestres/mestras por un lado e os pais/nais por outro.É hora de facernos ver todos xuntos.
A proposta é a seguinte:

  1. No mes de xaneiro o presidente da FANPA , convocará unha rolda de prensa para dar a coñecer a celebración da 1ª Festa do Ensino Público.

  1. A mediados de febreiro colocarase unha pancarta na Ponte dos Tirantes co lema: POR UN ENSINO PUBLICO DE CALIDADE. COMUNIDADE EDUCATIVA DE PONTEVEDRA, na que estarán presentes representantes de ANPAS e representantes de Centros Educativos convidando á presentación do acto a un escritor ou escritora da nosa localidade( pte de confirmar neste intre).

  1. 23 de febreiro 1ª FESTA DO ENSINO PUBLICO:
  • 16 hrs: xuntanza no Mirador de Monte Porreiro de pais/nais, mestres/mestras, alumnos/as e calquera persoa que queira estar alí.
  • Roteiro do Ensino Público: propoñemos facer unha marcha dende o Mirador pasando por a UNED, IES Luis Seoane, Escola Infantil, CEI Fina Casalderrey, CEP Marcos da Portela e regreso ao Mirador. Pódese facer en bicicleta, a pé, patins, patinete, cada un como desexe.
  • Arredor das 17:00 h xogos populares, corda, roda, sillas, peletre....desenvolvida por as distintas asociacións de pais/nais (aberta aos mestres que queiran colaborar).
  • Participación musical de alumnos/as, mestres,....
  • Finalizaremos cunha chocolatada para todos/as.

opendocument text - 29.7 KB
Colocación pancarta
opendocument text - 27.8 KB
Modelo circular familias
PDF - 25.1 KB
Carta claustro de profesores


Fonte: http://www.nontedurmas.org









luns, 18 de febreiro de 2013

Ciclo de cine: Sábado 23 de Febreiro " Os Contos Do Camiño I"





O salón de actos do Sexto Edificio acolle este ciclo de cine infantil, programado conxuntamente pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, o Cine Club Pontevedra e o Museo. Celebrarase ás 17:00 h  23 de febreiro e o filme que se proxectará, , será "Os contos do camiño I"

Os contos do camiño I
Galicia. 2012. 80 minutos. Galego.
OQO editora
Premios e candidaturas en festivais internacionais especializados, como o Brasil Stop Motion, o Festival Internacional de  Animación de Annecy (Francia), o Festival Zlin (República Checa), o Festival de Televisión Infantil de Barcelona ou o Japan Prize 2012.

Nove curtametraxes
A bruxa regañadentes, A cousa que máis doe do mundo, A grande viaxe, A pota que trota, A tartaruga que quería durmir, Corre corre, cabaciña, Pedra, Pau e Palla, Rato Tom e rata Tomasa, Un gato na árbore.

SINOPSE
O divertido periplo da pota que trota, as dificultades dunha tartaruga para poder durmir ou as peripecias dunha familia para rescatar un gato dunha árbore son algunhas das aventuras 
adaptadas coa técnica de animación stop-motion. 


Para asistir é preciso ter localidade. O prezo das localidades é de 0,00 €.

A Anpa distribuirá as localidades o vindeiro martes, 19 de febreiro de 9:00 a 9:30 hs. para socias/os da Anpa no vestíbulo de dirección do colexio.

Hai outra posibilidade de conseguir os billetes, no propio Sexto edificio do Museo de Pontevedra.





venres, 15 de febreiro de 2013

Circular 8 de 15 de febreiro de 2013. Curso 2012-2013




 Ciclo de cine


No ciclo de cine infantil proxéctase o sábado 23 de febreiro ás 17:00 hs. no auditorio do Sexto edificio do Museo de Pontevedra (rúa Cobián Roffignac) nove curtametraxes producidas por OQO editora de Pontevedra baixo o título xenérico de “Contos do camiño I”.

OQO fará a presentación e levará unhas maletas coas personaxes das curtametraxes.

Para asistir é preciso ter localidade. O prezo das localidades é de 0,00 €.

A Anpa distribuirá as localidades o vindeiro martes, 19 de febreiro de 9:00 a 9:30 hs. para socias/os da Anpa no vestíbulo de dirección do colexio.

Hai outra posibilidade de conseguir os billetes, no propio Sexto edificio do Museo de Pontevedra.

Como queira que para a película anterior houbo xente que tiña localidades e non as utilizou, pregamos encarecidamente que só aquelas persoas que teñan previsto asistir fagan uso das mesmas, para que non quede xente fóra da sala sen poder acceder a ela por non ter billete, e dentro da sala butacas baleiras.

Festa do ensino público

O vindeiro sábado 23 de Febreiro, a Fanpa, organiza a Festa do ensino público a partires das 16:00 hs. no miradouro de Monteporreiro. Despois dun percorrido polos centros docentes do barrio rematará o acto cunha chocolatada. A asistencia é libre e gratuita.

Fotos Discoteca Daniel Xoves, 7 de febreiro: para o Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria


As fotos que se tomaron o pasado Xoves, 7 de febreiro: para o  Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Aquelas  persoas que así o desexen poderán pasar a ollalas e mercalas se así o dexexan en 




  • ARTE DIXITAL S.L.
  • DESCRIPCIÓN

    Foto profesional. Reportajes. Fotos carnet al instante. Digitalización. Restauración de fotos. Servicios gráficos. Diseño logotipos e imagen corporativa.
  • HORARIO

    De lunes a viernes de 9:00 a 14:00 y 16:30 a 20:00 Sábados de 10:00 a 14:00
  • CONTACTO

    Joaquín Costa, 40 Bajo - 36001 Pontevedra (PONTEVEDRA)
    Principal/Fax » 986 851 420





    Pazo da Cultura programación do 15 -17 febreiro





    Teatro
    Presentación "Desparejados" de 105 Besos
    Venres 15 de febreiro ás 21:00 horas.
    Lugar: Teatro Principal
    Máis información en www.pazodacultura.org e no Facebook


     105 Besos presenta "Desparejados", unha comedia de Salvador Amore dirixida por Mónica Argibay. Dous matrimonios amigos descubirán que os sentimentos van máis alá desta vida e que no amor, todo vale... ou non. Soñaches algunha vez cunha historia de amor como a de Ghost?... Pois segue soñando. "Desparajados"... unha comedia desordenada na que interveñen Tito Montes, Chelo Barbeito, Mon Lage e Vicky Estévez."

    Entradas á venda unha hora antes na billeteira do Teatro Principal.
    Facebook Pazo da Cultura http://on.fb.me/WcTWkk


    Espectáculo
    Domingos do Principal - "El bosque de Grimm" de La Maquiné (Granada)
    Domingo 17 de febreiro ás 12:00 e ás 18:30 horas.
    Lugar: Teatro Principal
    Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook.


    "El bosque de Grimm" reanuda este domingo 17 de febreiro os Domingos do Principal, como sempre en horario matinal ás 12:00h. e de tarde ás 18:30h. no Teatro Principal.
    Que sería de Carrapuchiña ou de Polgariño sen o bosque onde perderse? Un espectáculo sen palabras inspirado nos contos Carrapuchiña, Branca de Neve, A bela adormecida e Polgariño.
    Produción de mirada contemporánea que a traves de títeres, obxectos, proxeccións e música, comprobará o que lembramos dos contos de sempre. 
    Teatro de actor e monicreques. Recomendado a partir de 6 anos. Duración: 48 minutosrograma:

    Venda anticipada de entradas na web de servinova . No caso de non esgotarse as entradas, estarán tamén á venda dúas horas antes na billeteira do Teatro. 
     
    Facebook Domingos do Principal http://on.fb.me/yT3Ffn



    mércores, 13 de febreiro de 2013

    OS CABEZUDOS DA ANPA ÁLVAREZ LIMESES "CAMUFLAN" AO LORO RAVACHOL


    OS CABEZUDOS DA ANPA ÁLVAREZ LIMESES "CAMUFLAN" Ó LORO RAVACHOL

    Entrada a tarde os cabezudos da Anpa Alvarez Limeses abordaron "erre que erre" ao Loro Ravachol por sorpresa e alevosía, tras árduas negociacions recuperou o seu aspecto orixinal non sen antes facer as seguintes declaracións: 

    "Todo foi unha cabezoneria da ANPA ALVAREZ LIMESES, pero o importante e non perder a cabeza "preferentemente"