Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 27 de febreiro de 2013

Pazo da Cultura: Programación 28 febreiro - 3 marzo



Concerto
Ciclo de Butaca- Banda de Música de Pontevedra
xoves 28 de febreiro ás 21:00 horas
Lugar: Teatro Principal
Prezo: de balde


Este xoves ás 21h. no Teatro Principal de Pontevedra unha nova entrega do Ciclo de Butaca 2013 da Banda de Música de Pontevedra adicado á Musica de cine do S.XXI coa colaboración especial de Roque Baños e baixo a dirección habitual de J.Lois Diéguez.

Programa: Alatriste - 800 balas - Las 13 rosas


Presentación
Disco - homenaxe a Manuel María "Andando a Terra"
Venres 1 de marzo ás 20:30 horas
Lugar: Teatro Principal
Prezo: de balde


"Andando a Terra" é un traballo musical sobre poemas de Manuel María realizado por Uxía e Sérgio Tannus. A idea orixinal do disco partiu da FUNDACIÓN MANUEL MARÍA DE ESTUDOS GALEGOS, e forma parte dun pack editorial no que tamén se inclúen o poemario inédito "Os lonxes do solpor" e o audioviusal "De amor e cantería".
Este documental será proxectado tamén durante a presentación do disco facendo unha lectura audiovisual dos espazos interiores do poeta a través dos espazos exteriores e das persoas que os habitan.


Música
Jazz no Principal 2013 - Joao Mortágua Quinteto
sábado 2 de marzo ás 21:00 horas
Lugar: Teatro Principal
Prezo: 5 eur. + gastos (3 eur. + gastos)



Sábado 2 de Marzo ás 21h no Teatro Principal chega o primeira das entregas de Jazz no Principal 2013 da man de Joao Mortágua Quintero composto por Joao Mortágua (saxo alto), Xan Campos (piano), Paco Charlín (contrabaixo), Max Gómez (batería) e
Iago Fernández (batería).
 
Entradas anticipadas en servinova a 5 euros + gastos de tramitación (3 euros + gastos para estudantes, parados e xubilados) e unha hora antes na billeteira.
 
A continuación terá lugar unha Jam Session no centro Social En Pé (Sarmiento, 38).


Teatro
Domingos do Principal - Far West de Yllana
Domingo 3 de marzo ás 12:00 horas e ás 18:30 horas.
Lugar: Teatro Principal
Prezo: 3 euros + gastos


Un vaqueiro agarda a chegada do tran para recibir a súa namorada. Antes de que se podan dar un bico ela xa é secuestrada por dous foraxidos malos malísimos.Unha revisión en clave de humor das peliculas do oeste con todos os ingredientes necesarios: Indios e vaqueiros, tribu salvaxe, Saloon, duelo, foraxidos, deserto, persecucións, cabalos...
Teatro de actor. Mudo. Humor. Recomendado a partir de 6 anos. Duración:75 minutos.
 
Entradas anticipadas en servinova a un prezo de 3 euros máis gastos de xestión é, non caso de quedar entradas dispoñibles, dúas horas antes de cada función na billeteira a un prezo de 3 euros.






0 comentarios:

Publicar un comentario