Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

domingo, 24 de febreiro de 2013

Cronica ciclo cine do sábado 23 de Febreiro 2013: OS CONTOS DO CAMIÑO I



Dicia unha coñecida canción “Cuéntame un cuento y verás que contento me voy a la cama y tengo lindos sueños…”, pois ben o sábado 23 as 17 horas contámosvos que nin o frío nin por moito  que nos deran con  “Pedra, Pau e Palla” ou nos ameazara algunha “Bruxa regañadentes” iamos deixar de soñar con proxectar para todos e cada un/unha de vos este Ciclo de Cine, porque a “Cousa que máis doe no mundo” é a mentira, polo que nos seguimos “corre corre, cabaziña” teimudos en facer que este Ciclo de Cine infantil sexa do voso agrado. E para ilo se temos que subir “Un gato na árbore” para que o “Rato Tom e a rata Tomasa” deixen en paz a “A tartaruga que quería durmir”  e que poidades meter todos os sorrisos e ilusión na “Pota que trota”, só con iso nos chegara para continuar con esta “Grande viaxe” e volver a ollarvos a todos/as os que estivestes onte o vindeiro dia 16 de Marzal na próxima proxección deste voso e noso Ciclo de Cine, e para todos/as  os que non estivestes vos animedes a asistir o vindeiro dia deixámosvos estas imaxe, para que vexades que isto non era un conto nin nos quedaremos no camiño.





















0 comentarios:

Publicar un comentario