Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 15 de febreiro de 2013

Pazo da Cultura programación do 15 -17 febreiro





Teatro
Presentación "Desparejados" de 105 Besos
Venres 15 de febreiro ás 21:00 horas.
Lugar: Teatro Principal
Máis información en www.pazodacultura.org e no Facebook


 105 Besos presenta "Desparejados", unha comedia de Salvador Amore dirixida por Mónica Argibay. Dous matrimonios amigos descubirán que os sentimentos van máis alá desta vida e que no amor, todo vale... ou non. Soñaches algunha vez cunha historia de amor como a de Ghost?... Pois segue soñando. "Desparajados"... unha comedia desordenada na que interveñen Tito Montes, Chelo Barbeito, Mon Lage e Vicky Estévez."

Entradas á venda unha hora antes na billeteira do Teatro Principal.
Facebook Pazo da Cultura http://on.fb.me/WcTWkk


Espectáculo
Domingos do Principal - "El bosque de Grimm" de La Maquiné (Granada)
Domingo 17 de febreiro ás 12:00 e ás 18:30 horas.
Lugar: Teatro Principal
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook.


"El bosque de Grimm" reanuda este domingo 17 de febreiro os Domingos do Principal, como sempre en horario matinal ás 12:00h. e de tarde ás 18:30h. no Teatro Principal.
Que sería de Carrapuchiña ou de Polgariño sen o bosque onde perderse? Un espectáculo sen palabras inspirado nos contos Carrapuchiña, Branca de Neve, A bela adormecida e Polgariño.
Produción de mirada contemporánea que a traves de títeres, obxectos, proxeccións e música, comprobará o que lembramos dos contos de sempre. 
Teatro de actor e monicreques. Recomendado a partir de 6 anos. Duración: 48 minutosrograma:

Venda anticipada de entradas na web de servinova . No caso de non esgotarse as entradas, estarán tamén á venda dúas horas antes na billeteira do Teatro. 
 
Facebook Domingos do Principal http://on.fb.me/yT3Ffn



2 comentarios:

Anónimo dixo...

Me parece genial la información que nos dais y los eventos que organizais.
Muchas gracias!!

ANPA CEIP ÁLVAREZ LIMESES dixo...

A vosa satisfacion e o sorriso dos nenos/as e o que nos motiva a seguir traballando en prol dunha ANPA aberta e dinámica.

Moitas grazas

Publicar un comentario