Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 18 de febreiro de 2013

Ciclo de cine: Sábado 23 de Febreiro " Os Contos Do Camiño I"





O salón de actos do Sexto Edificio acolle este ciclo de cine infantil, programado conxuntamente pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, o Cine Club Pontevedra e o Museo. Celebrarase ás 17:00 h  23 de febreiro e o filme que se proxectará, , será "Os contos do camiño I"

Os contos do camiño I
Galicia. 2012. 80 minutos. Galego.
OQO editora
Premios e candidaturas en festivais internacionais especializados, como o Brasil Stop Motion, o Festival Internacional de  Animación de Annecy (Francia), o Festival Zlin (República Checa), o Festival de Televisión Infantil de Barcelona ou o Japan Prize 2012.

Nove curtametraxes
A bruxa regañadentes, A cousa que máis doe do mundo, A grande viaxe, A pota que trota, A tartaruga que quería durmir, Corre corre, cabaciña, Pedra, Pau e Palla, Rato Tom e rata Tomasa, Un gato na árbore.

SINOPSE
O divertido periplo da pota que trota, as dificultades dunha tartaruga para poder durmir ou as peripecias dunha familia para rescatar un gato dunha árbore son algunhas das aventuras 
adaptadas coa técnica de animación stop-motion. 


Para asistir é preciso ter localidade. O prezo das localidades é de 0,00 €.

A Anpa distribuirá as localidades o vindeiro martes, 19 de febreiro de 9:00 a 9:30 hs. para socias/os da Anpa no vestíbulo de dirección do colexio.

Hai outra posibilidade de conseguir os billetes, no propio Sexto edificio do Museo de Pontevedra.





0 comentarios:

Publicar un comentario