Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 8 de febreiro de 2013

Xornadas aprendizaxe en Familia "Tempo de Aprender"





Dende CEGAFOR KIDS queren seguir innovando, crecendo e tamen compartindo cos demais o noso método, por iso iniciamos en marzo o ciclo de Xornadas Educativas "TEMPO DE APRENDER" 
Botádelle unha ollada ao programa (concilia vida laboral e familiar)


!!!PARTICICIPACIÓN GRATUITA¡¡¡


INSCRIPCIÓN E   INFORMACIÓN  EN:

 TELF. 986 86 96 05
 ENDEREZO: C/ Manuel Quiroga, 13 36002 Pontevedra

A inscrición será por rigorosa orde ata completar aforamento (inscrición ou máis información a cerca dalgunha das xornadas pasando polas suas instalacións sitas na C/ Manuel Quiroga 13, preguntar por VANESA ou no telefefono 986 869605 ou correo electrónico). Pódese inscribir a unha das xornadas en particular, a dous ou ás que lle interesen.




CEGAFOR KIDS (Centro de estudios Cegafor)


Porque cada alumno ten un estilo de aprendizaxe diferente e debe coñecer os recursos de que dispón para rendibilizar as súas habilidades e desenvolver o seu potencial de aprendizaxe, xorde o noso proxecto dirixido a alumnos dende 3º de Educación Primaria a 4º ESO.

O noso programa prepara mental e fisicamente os nenos para afrontar de forma positiva a aprendizaxe dende un carácter lúdico e funcional.

Poñemos á súa disposición os avances tecnolóxicos do mercado e un equipo de profesionais con demostrada experiencia e altamente cualificados que superaron as probas de ingreso no proxecto.
O programa de adestramento, dota os nenos das ferramentas necesarias para proxectar o seu futuro de forma autónoma.

A nosa filosofía de traballo fundaméntase en:

. Avaliación e diagnóstico inicial. É o único xeito de coñecer as necesidades do neno e deseñar un plan individual.
. Individualización. Porque cada individuo é diferente, buscamos en todo momento personalizar o proceso de aprendizaxe, respectando o ritmo evolutivo, a capacidade e forma de pensar e de actuar, as motivacións e intereses e a orixinalidade de cada alumno.
. Metodoloxía. Un programa personalizado garante resultados e unha evolución positiva do alumno.
. Actividade e esforzo. A aprendizaxe esixe esforzo persoal, non só na dimensión intelectual, senón tamén na actividade física coa que o alumno exercita as súas capacidades, as desenvolve e perfecciona.
. Traballo en equipo. O traballo en equipo e unha dinámica interactiva na aula son fundamentais para o éxito académico.
. Idiomas. Porque para marcar a diferenza e abrir portas ao mundo laboral necesitan dominar varios idiomas.
. Medios. Instalacións novas, especialmente deseñadas para o proxecto e dotadas de novas tecnoloxías nun ámbito agradable para a aprendizaxe.



0 comentarios:

Publicar un comentario