Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 15 de febreiro de 2013

Circular 8 de 15 de febreiro de 2013. Curso 2012-2013




 Ciclo de cine


No ciclo de cine infantil proxéctase o sábado 23 de febreiro ás 17:00 hs. no auditorio do Sexto edificio do Museo de Pontevedra (rúa Cobián Roffignac) nove curtametraxes producidas por OQO editora de Pontevedra baixo o título xenérico de “Contos do camiño I”.

OQO fará a presentación e levará unhas maletas coas personaxes das curtametraxes.

Para asistir é preciso ter localidade. O prezo das localidades é de 0,00 €.

A Anpa distribuirá as localidades o vindeiro martes, 19 de febreiro de 9:00 a 9:30 hs. para socias/os da Anpa no vestíbulo de dirección do colexio.

Hai outra posibilidade de conseguir os billetes, no propio Sexto edificio do Museo de Pontevedra.

Como queira que para a película anterior houbo xente que tiña localidades e non as utilizou, pregamos encarecidamente que só aquelas persoas que teñan previsto asistir fagan uso das mesmas, para que non quede xente fóra da sala sen poder acceder a ela por non ter billete, e dentro da sala butacas baleiras.

Festa do ensino público

O vindeiro sábado 23 de Febreiro, a Fanpa, organiza a Festa do ensino público a partires das 16:00 hs. no miradouro de Monteporreiro. Despois dun percorrido polos centros docentes do barrio rematará o acto cunha chocolatada. A asistencia é libre e gratuita.

0 comentarios:

Publicar un comentario