Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 21 de febreiro de 2013

1ª Festa do ensino público.


Word - 11.5 KB
Programa
Estimados/as socios/as, diriximonos a vostedes para presentarlles a proposta da 1ª FESTA DO ENSINO PUBLICO, que vai ter lugar o día 23 de febreiro nos espazos do Mirador de Monte Porreiro, e convidar á comunidade educativa do seu centro, especialmente as familias, xa que todos os centros recibirán a mesma invitación para facerllo chegar ao seu claustro.
O obxectivo é facernos escoitar como Comunidade Educativa reivindicando claramente un Ensino Público de Calidade nunha xornada lúdica proposta dende as asociacións de pais/nais. Cremos que todos xuntos, mestres/ mestras, pais/nais, titores, alumnos e toda a sociedade en xeral, debemos loitar con todos os instrumentos que teñamos á man para defender o que é un dereito de todos: A EDUCACION.
O Ensino Público ten graves problemas, e a situación vai empeorando progresivamente. Pensamos que non podemos ficar calados. O Proxecto da Nova Ley de Educación, a reducción drástica de docentes, o incremento de alumnos/as por aula , a disminución de axudas para estudos, libros, becas... Temos mil razóns para defender na medida do posible contra o descalabro do Ensino Público. Se non facemos o posible por paralo teremos en pouco tempo unha educación para ricos e una educación para pobres. Onde estaremos entón todos nós?. Ata agora nos manifestábamos os mestres/mestras por un lado e os pais/nais por outro.É hora de facernos ver todos xuntos.
A proposta é a seguinte:

  1. No mes de xaneiro o presidente da FANPA , convocará unha rolda de prensa para dar a coñecer a celebración da 1ª Festa do Ensino Público.

  1. A mediados de febreiro colocarase unha pancarta na Ponte dos Tirantes co lema: POR UN ENSINO PUBLICO DE CALIDADE. COMUNIDADE EDUCATIVA DE PONTEVEDRA, na que estarán presentes representantes de ANPAS e representantes de Centros Educativos convidando á presentación do acto a un escritor ou escritora da nosa localidade( pte de confirmar neste intre).

  1. 23 de febreiro 1ª FESTA DO ENSINO PUBLICO:
  • 16 hrs: xuntanza no Mirador de Monte Porreiro de pais/nais, mestres/mestras, alumnos/as e calquera persoa que queira estar alí.
  • Roteiro do Ensino Público: propoñemos facer unha marcha dende o Mirador pasando por a UNED, IES Luis Seoane, Escola Infantil, CEI Fina Casalderrey, CEP Marcos da Portela e regreso ao Mirador. Pódese facer en bicicleta, a pé, patins, patinete, cada un como desexe.
  • Arredor das 17:00 h xogos populares, corda, roda, sillas, peletre....desenvolvida por as distintas asociacións de pais/nais (aberta aos mestres que queiran colaborar).
  • Participación musical de alumnos/as, mestres,....
  • Finalizaremos cunha chocolatada para todos/as.

opendocument text - 29.7 KB
Colocación pancarta
opendocument text - 27.8 KB
Modelo circular familias
PDF - 25.1 KB
Carta claustro de profesores


Fonte: http://www.nontedurmas.org









0 comentarios:

Publicar un comentario