Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

xoves, 21 de febreiro de 2013

1ª Festa do ensino público.


Word - 11.5 KB
Programa
Estimados/as socios/as, diriximonos a vostedes para presentarlles a proposta da 1ª FESTA DO ENSINO PUBLICO, que vai ter lugar o día 23 de febreiro nos espazos do Mirador de Monte Porreiro, e convidar á comunidade educativa do seu centro, especialmente as familias, xa que todos os centros recibirán a mesma invitación para facerllo chegar ao seu claustro.
O obxectivo é facernos escoitar como Comunidade Educativa reivindicando claramente un Ensino Público de Calidade nunha xornada lúdica proposta dende as asociacións de pais/nais. Cremos que todos xuntos, mestres/ mestras, pais/nais, titores, alumnos e toda a sociedade en xeral, debemos loitar con todos os instrumentos que teñamos á man para defender o que é un dereito de todos: A EDUCACION.
O Ensino Público ten graves problemas, e a situación vai empeorando progresivamente. Pensamos que non podemos ficar calados. O Proxecto da Nova Ley de Educación, a reducción drástica de docentes, o incremento de alumnos/as por aula , a disminución de axudas para estudos, libros, becas... Temos mil razóns para defender na medida do posible contra o descalabro do Ensino Público. Se non facemos o posible por paralo teremos en pouco tempo unha educación para ricos e una educación para pobres. Onde estaremos entón todos nós?. Ata agora nos manifestábamos os mestres/mestras por un lado e os pais/nais por outro.É hora de facernos ver todos xuntos.
A proposta é a seguinte:

  1. No mes de xaneiro o presidente da FANPA , convocará unha rolda de prensa para dar a coñecer a celebración da 1ª Festa do Ensino Público.

  1. A mediados de febreiro colocarase unha pancarta na Ponte dos Tirantes co lema: POR UN ENSINO PUBLICO DE CALIDADE. COMUNIDADE EDUCATIVA DE PONTEVEDRA, na que estarán presentes representantes de ANPAS e representantes de Centros Educativos convidando á presentación do acto a un escritor ou escritora da nosa localidade( pte de confirmar neste intre).

  1. 23 de febreiro 1ª FESTA DO ENSINO PUBLICO:
  • 16 hrs: xuntanza no Mirador de Monte Porreiro de pais/nais, mestres/mestras, alumnos/as e calquera persoa que queira estar alí.
  • Roteiro do Ensino Público: propoñemos facer unha marcha dende o Mirador pasando por a UNED, IES Luis Seoane, Escola Infantil, CEI Fina Casalderrey, CEP Marcos da Portela e regreso ao Mirador. Pódese facer en bicicleta, a pé, patins, patinete, cada un como desexe.
  • Arredor das 17:00 h xogos populares, corda, roda, sillas, peletre....desenvolvida por as distintas asociacións de pais/nais (aberta aos mestres que queiran colaborar).
  • Participación musical de alumnos/as, mestres,....
  • Finalizaremos cunha chocolatada para todos/as.

opendocument text - 29.7 KB
Colocación pancarta
opendocument text - 27.8 KB
Modelo circular familias
PDF - 25.1 KB
Carta claustro de profesores


Fonte: http://www.nontedurmas.org









luns, 18 de febreiro de 2013

Ciclo de cine: Sábado 23 de Febreiro " Os Contos Do Camiño I"





O salón de actos do Sexto Edificio acolle este ciclo de cine infantil, programado conxuntamente pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, o Cine Club Pontevedra e o Museo. Celebrarase ás 17:00 h  23 de febreiro e o filme que se proxectará, , será "Os contos do camiño I"

Os contos do camiño I
Galicia. 2012. 80 minutos. Galego.
OQO editora
Premios e candidaturas en festivais internacionais especializados, como o Brasil Stop Motion, o Festival Internacional de  Animación de Annecy (Francia), o Festival Zlin (República Checa), o Festival de Televisión Infantil de Barcelona ou o Japan Prize 2012.

Nove curtametraxes
A bruxa regañadentes, A cousa que máis doe do mundo, A grande viaxe, A pota que trota, A tartaruga que quería durmir, Corre corre, cabaciña, Pedra, Pau e Palla, Rato Tom e rata Tomasa, Un gato na árbore.

SINOPSE
O divertido periplo da pota que trota, as dificultades dunha tartaruga para poder durmir ou as peripecias dunha familia para rescatar un gato dunha árbore son algunhas das aventuras 
adaptadas coa técnica de animación stop-motion. 


Para asistir é preciso ter localidade. O prezo das localidades é de 0,00 €.

A Anpa distribuirá as localidades o vindeiro martes, 19 de febreiro de 9:00 a 9:30 hs. para socias/os da Anpa no vestíbulo de dirección do colexio.

Hai outra posibilidade de conseguir os billetes, no propio Sexto edificio do Museo de Pontevedra.





venres, 15 de febreiro de 2013

Circular 8 de 15 de febreiro de 2013. Curso 2012-2013




 Ciclo de cine


No ciclo de cine infantil proxéctase o sábado 23 de febreiro ás 17:00 hs. no auditorio do Sexto edificio do Museo de Pontevedra (rúa Cobián Roffignac) nove curtametraxes producidas por OQO editora de Pontevedra baixo o título xenérico de “Contos do camiño I”.

OQO fará a presentación e levará unhas maletas coas personaxes das curtametraxes.

Para asistir é preciso ter localidade. O prezo das localidades é de 0,00 €.

A Anpa distribuirá as localidades o vindeiro martes, 19 de febreiro de 9:00 a 9:30 hs. para socias/os da Anpa no vestíbulo de dirección do colexio.

Hai outra posibilidade de conseguir os billetes, no propio Sexto edificio do Museo de Pontevedra.

Como queira que para a película anterior houbo xente que tiña localidades e non as utilizou, pregamos encarecidamente que só aquelas persoas que teñan previsto asistir fagan uso das mesmas, para que non quede xente fóra da sala sen poder acceder a ela por non ter billete, e dentro da sala butacas baleiras.

Festa do ensino público

O vindeiro sábado 23 de Febreiro, a Fanpa, organiza a Festa do ensino público a partires das 16:00 hs. no miradouro de Monteporreiro. Despois dun percorrido polos centros docentes do barrio rematará o acto cunha chocolatada. A asistencia é libre e gratuita.

Fotos Discoteca Daniel Xoves, 7 de febreiro: para o Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria


As fotos que se tomaron o pasado Xoves, 7 de febreiro: para o  Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Aquelas  persoas que así o desexen poderán pasar a ollalas e mercalas se así o dexexan en 




  • ARTE DIXITAL S.L.
  • DESCRIPCIÓN

    Foto profesional. Reportajes. Fotos carnet al instante. Digitalización. Restauración de fotos. Servicios gráficos. Diseño logotipos e imagen corporativa.
  • HORARIO

    De lunes a viernes de 9:00 a 14:00 y 16:30 a 20:00 Sábados de 10:00 a 14:00
  • CONTACTO

    Joaquín Costa, 40 Bajo - 36001 Pontevedra (PONTEVEDRA)
    Principal/Fax » 986 851 420





    Pazo da Cultura programación do 15 -17 febreiro





    Teatro
    Presentación "Desparejados" de 105 Besos
    Venres 15 de febreiro ás 21:00 horas.
    Lugar: Teatro Principal
    Máis información en www.pazodacultura.org e no Facebook


     105 Besos presenta "Desparejados", unha comedia de Salvador Amore dirixida por Mónica Argibay. Dous matrimonios amigos descubirán que os sentimentos van máis alá desta vida e que no amor, todo vale... ou non. Soñaches algunha vez cunha historia de amor como a de Ghost?... Pois segue soñando. "Desparajados"... unha comedia desordenada na que interveñen Tito Montes, Chelo Barbeito, Mon Lage e Vicky Estévez."

    Entradas á venda unha hora antes na billeteira do Teatro Principal.
    Facebook Pazo da Cultura http://on.fb.me/WcTWkk


    Espectáculo
    Domingos do Principal - "El bosque de Grimm" de La Maquiné (Granada)
    Domingo 17 de febreiro ás 12:00 e ás 18:30 horas.
    Lugar: Teatro Principal
    Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook.


    "El bosque de Grimm" reanuda este domingo 17 de febreiro os Domingos do Principal, como sempre en horario matinal ás 12:00h. e de tarde ás 18:30h. no Teatro Principal.
    Que sería de Carrapuchiña ou de Polgariño sen o bosque onde perderse? Un espectáculo sen palabras inspirado nos contos Carrapuchiña, Branca de Neve, A bela adormecida e Polgariño.
    Produción de mirada contemporánea que a traves de títeres, obxectos, proxeccións e música, comprobará o que lembramos dos contos de sempre. 
    Teatro de actor e monicreques. Recomendado a partir de 6 anos. Duración: 48 minutosrograma:

    Venda anticipada de entradas na web de servinova . No caso de non esgotarse as entradas, estarán tamén á venda dúas horas antes na billeteira do Teatro. 
     
    Facebook Domingos do Principal http://on.fb.me/yT3Ffn



    mércores, 13 de febreiro de 2013

    OS CABEZUDOS DA ANPA ÁLVAREZ LIMESES "CAMUFLAN" AO LORO RAVACHOL


    OS CABEZUDOS DA ANPA ÁLVAREZ LIMESES "CAMUFLAN" Ó LORO RAVACHOL

    Entrada a tarde os cabezudos da Anpa Alvarez Limeses abordaron "erre que erre" ao Loro Ravachol por sorpresa e alevosía, tras árduas negociacions recuperou o seu aspecto orixinal non sen antes facer as seguintes declaracións: 

    "Todo foi unha cabezoneria da ANPA ALVAREZ LIMESES, pero o importante e non perder a cabeza "preferentemente"










    sábado, 9 de febreiro de 2013

    Éxito dos Cabezudos Da Anpa no Desfile de Entroido

    ENORME NOTORIEDADE DOS CABEZUDOS DA ANPA ALVAREZ LIMESES NO DESFILE DE ENTROIDO DA CIDADE DE PONTEVEDRA

    ¡NORABOA AOS ARTIFICES DE TALES CRIATURAS!













    venres, 8 de febreiro de 2013

    Xornadas aprendizaxe en Familia "Tempo de Aprender"





    Dende CEGAFOR KIDS queren seguir innovando, crecendo e tamen compartindo cos demais o noso método, por iso iniciamos en marzo o ciclo de Xornadas Educativas "TEMPO DE APRENDER" 
    Botádelle unha ollada ao programa (concilia vida laboral e familiar)


    !!!PARTICICIPACIÓN GRATUITA¡¡¡


    INSCRIPCIÓN E   INFORMACIÓN  EN:

     TELF. 986 86 96 05
     ENDEREZO: C/ Manuel Quiroga, 13 36002 Pontevedra

    A inscrición será por rigorosa orde ata completar aforamento (inscrición ou máis información a cerca dalgunha das xornadas pasando polas suas instalacións sitas na C/ Manuel Quiroga 13, preguntar por VANESA ou no telefefono 986 869605 ou correo electrónico). Pódese inscribir a unha das xornadas en particular, a dous ou ás que lle interesen.




    CEGAFOR KIDS (Centro de estudios Cegafor)


    Porque cada alumno ten un estilo de aprendizaxe diferente e debe coñecer os recursos de que dispón para rendibilizar as súas habilidades e desenvolver o seu potencial de aprendizaxe, xorde o noso proxecto dirixido a alumnos dende 3º de Educación Primaria a 4º ESO.

    O noso programa prepara mental e fisicamente os nenos para afrontar de forma positiva a aprendizaxe dende un carácter lúdico e funcional.

    Poñemos á súa disposición os avances tecnolóxicos do mercado e un equipo de profesionais con demostrada experiencia e altamente cualificados que superaron as probas de ingreso no proxecto.
    O programa de adestramento, dota os nenos das ferramentas necesarias para proxectar o seu futuro de forma autónoma.

    A nosa filosofía de traballo fundaméntase en:

    . Avaliación e diagnóstico inicial. É o único xeito de coñecer as necesidades do neno e deseñar un plan individual.
    . Individualización. Porque cada individuo é diferente, buscamos en todo momento personalizar o proceso de aprendizaxe, respectando o ritmo evolutivo, a capacidade e forma de pensar e de actuar, as motivacións e intereses e a orixinalidade de cada alumno.
    . Metodoloxía. Un programa personalizado garante resultados e unha evolución positiva do alumno.
    . Actividade e esforzo. A aprendizaxe esixe esforzo persoal, non só na dimensión intelectual, senón tamén na actividade física coa que o alumno exercita as súas capacidades, as desenvolve e perfecciona.
    . Traballo en equipo. O traballo en equipo e unha dinámica interactiva na aula son fundamentais para o éxito académico.
    . Idiomas. Porque para marcar a diferenza e abrir portas ao mundo laboral necesitan dominar varios idiomas.
    . Medios. Instalacións novas, especialmente deseñadas para o proxecto e dotadas de novas tecnoloxías nun ámbito agradable para a aprendizaxe.



    martes, 5 de febreiro de 2013

    LEMBRADE: BAILES DE ENTROIDO ESTA SEMÁN





    Como todos os anos a Anpa organiza os bailes de entroido

                       
      

    LUGAR E HORARIOS:

    Na Discoteca Daniel (rúa Daniel de la Sota) en horario de   17:00 a 20:00 hs. 
        
    DATAS:

        Mércores, 6 de febreiro: Alumnado de infantil (3, 4 e 5 anos) e 1º e 2º de Primaria.

        Xoves, 7 de febreiro: Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
        
    PREZOS:
    Neste ano mantemos os prezos:  por persoa para socios e acompañantes será de 1,00 €,    ista cantidade só é posíbel porque conta cunha subvención da Anpa. O prezo para non socios mantense en 3,00 €.Agradecemos que se vaia co diñeiro xusto. Non é necesario reserva nin entrada, cobraráse na porta.

    Agardamos que os acompañantes  acudan disfrazados coas rapazas e cos rapaces.

    AVISO: A A.N.P.A. non se fai responsable dos asistentes no interior dos locais. Os pais deben coidar de que o comportamento dos seús fillos sexa correcto.

    Recoméndase non levar accesorios de disfraces que podan resultar perigosos e prohíbese expresamente o uso de sprays, bombas fétidas, chisqueiros, cerillas etc..



    domingo, 3 de febreiro de 2013

    AVISO URXENTE:NOVOS DÍAS E HORARIOS OBRADOIRO CABEZUDOS




    Para poder rematar a tempo os cabezudos estaremos no edificio do comedor os dias: 

    • Luns   4 a partires das 17:00 hs.
    • Martes 5 dende as 18:30 hs.
    • Venres 8 dende as 17:00 hs.
    • Sábado 9 de 11 a 14 hs.