Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

martes, 31 de maio de 2011

Informacións á comunidade escolar



  • O pasado día 24 de maio o Colexio e a Anpa foron distinguidos cunha mención por parte da Policía Local de Pontevedra pola súa participación e colaboración no programa “Camiño escolar seguro”; déronnos unha placa conmemorativa que recollimos nun acto oficial con motivo do “Día da policía”. Estará exposta na entrada do colexio.
  • O Concello de Pontevedra concedeunos unha subvención de 1.500,00 €, pola  xestión do curso 2009-10, accións no eido da educación. Aínda non está ingresada, pero si concedida.
  • Dende as piscinas municipais de Campolongo envian información dun campamento de verán con obradoiros e xogos, de luns a venres, de 9h a 14h, para nenas-os de 4 a 12 anos, quincena ou mes enteiro. Para máis información tedes que dirixirvos as piscinas de Campolongo.
  •  Dende a Fanpa comunícannos unha promoción especial para socios da Anpa, cun 12% de desconto en libros de texto para o curso 2011-12 en Centro Office (rua Eduardo Pondal, 54).Tamén infórmannos dunha ponencia sobre  “la educación en el deporte y el tiempo libre: un reto”, impartida por Sandra Azón (medalla de plata na clase 470 de vela nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004). Será o mércores, 6 de xuño en Caixanova (data e hora pendente de confirmar, poñerase no tablón de anuncios a data definitiva). trátase de dar a coñecer o Centro de navegación a vela Combarro - Escola Sandra Azón, con cursos destinados a nenas-os de 7 a 13 anos, e outros.
  •  Lembrade que en conserxería teñen unha morea de roupa sen dono, aconsellamos votar unha ollada, a roupa que non sexa recollida antes de fin de curso será levada a Cáritas.
                                   Recibe un cordial saúdo

xoves, 19 de maio de 2011

Aberto o prazo de inscrición para distintos obradoiros de Maio, Mes da Lingua







MAIO, MES DA LINGUA

Lembrámoslles que está aberto o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros:

- Obradoiros de cantos de arrolo e masaxe (xúntase a ficha de inscrición no arquivo pdf)
- Obradoiros musicais con creación de instrumentos  (xúntase a ficha de inscrición no arquivo pdf)
- Obradoiro sobre os dereitos lingüísticos



OBRADOIROS DE CANTOS DE ARROLO E MASAXE


Actividade para promover o uso do galego nas familias con nenos/as de 1 a 5 anos, a través da aprendizaxe de cantos de arrolo acompañados de técnicas sinxelas de masaxe para favorecer o descanso dos máis pequenos.
É preciso levar unha toalla ou mantiña para deitar o neno/nena sobre a colchoneta.
Data: sábado 21 de maio de 2011
Lugar: local social do Gorgullón.
Hora: primeira sesión ás 10 h; segunda sesión ás 12 h
Duración de cada sesión: 90 min
Número de prazas por sesión: 20 familias
Entrega de solicitudes:
    • Por correo electrónico ao snl@pontevedra.eu
    • Por fax ao 986 85 18 00
    • Persoalmente no:
Concello de Pontevedra
Servizo de Normalización Lingüística
Rúa de Arcebispo Malvar, 1

OBRADOIROS MUSICAIS CON CREACIÓN DE INSTRUMENTOS

Actividade para promover o uso do galego entre os máis novos (nenos/as de 7 a 11 anos), mediante as cancións tradicionais cantadas co acompañamento de instrumentos musicais feitos con material de refugallo.
É preciso levar botes de refrescos, briks, ou vasos de iogur para a creación dos instrumentos
Data: sábado 28 de maio de 2011
Lugar e hora: local sociocultural de Xeve, ás 11 h
local social do Gorgullón, ás 18 h
Duración de cada sesión: 3 horas, cunha pausa na metade.
Número de prazas por sesión: 20 persoas
Entrega de solicitudes:
    • Por correo electrónico ao snl@pontevedra.eu
    • Por fax ao 986 85 18 00
    • Persoalmente no:
Concello de Pontevedra
Servizo de Normalización Lingüística
Rúa de Arcebispo Malvar, 1
Máis información:
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
Tel. 986 100 185, ext. 7042


martes, 10 de maio de 2011

Menú del Comedor y Plan Madruga Mayo 2011





Ya podéis consultar el Menú del Comedor  y Plan Madruga para el mes de Mayo 2011 en el apartado Comedor y Plan Madruga


                                                 Recibe un cordial saúdo

martes, 26 de abril de 2011

Vuelta al cole después de Semana Santa



Por todos los momentos vividos esta Semana Santa
aunque no hayan sido muchos
por todos vuestros mejores compañeros
por todos ellos deseasmos que la vuelta fuera tranquila.
Se acabó la semana santa y ahora toca pensar
a lo duro por que este trimestre es muy importante.

Recibe un cordial saludo

xoves, 14 de abril de 2011

Felices Vaciones de Semana Santa



Los que hacemos posible este blog y la Junta Rectora del Anpa Álvarez Limeses queremos deseraos en estas lineas unas felices vacaciones de Semana Santa y como reza un anuncio que se emitia por televisión "Precaución amigo conductor" mucha precaución al volante padres y madres que os queremos a todos de vuelta con vuestros hij@s en las aulas  el próximo día 26 de abril.


                                         Recibe un cordial saúdo

mércores, 6 de abril de 2011

Paseo por la avenida de Marín



Medio centenar de alumnos del CEIP Álvarez Limeses estrenaron ayer las visitas guiadas del Concello por el paseo marítimo de la avenida de Marín y su entorno, para conocer su ecosistema, la flora y la fauna y la evolución histórica de esta zona litoral.

martes, 5 de abril de 2011

Visita escolar a la avenida de Marín para conocer la historia de la ría



Ría de Pontevedra, isla de Tambo y desembocadura del rio Lerez

 La concejalía de Mobilidade Urbana e Obras inicia hoy las visitas guiadas para escolares al nuevo paseo marítimo de la avenida de Marín y su entorno. La actividad comenzará a las 12.30, en la desembocadura del río dos Gafos y participarán en ella 43 alumnos de CEIP ALVAREZ LIMESES de 5º DE PRIMARIA


El objetivo es divulgar la importancia y dinámica de la ría y sus ecosistemas y su dinámica; conocer la fauna y la flora presente en el litoral urbano; profundizar sobre su evolución histórica y su reflejo en el conjunto del municipio, y concienciar sobre la necesidad de respetar y conservar el litoral.

Desde del Concello incidieron al respecto en que las rías gallegas son un medio de enorme riqueza biológica y productiva, no siempre valoradas no respetadas en su medida. Y recordaron que en el caso de Pontevedra, durante el siglo XX se dio una profunda transformación de la margen litoral de la ciudad, mediante rellenos e infraestructuras.

Las visitas escolares consistirán en un recorrido guiado con diversas actividades complementarias: repaso a la evolución histórica y paisajística de la zona, dinámica de la ría, observación de aves acuáticas mediante prismáticos y telescopios y observación de invertebrados y microorganismos mediante microscopios, así como repaso a la flora.

luns, 4 de abril de 2011

Menú del Comedor y Menú Plan Madruga Abril 2011

Ya podéis consultar los Menú del Comedor  y  Menú Plan Madruga para el mes de Abril 2011 en el apartado Comedor y Plan Madruga
        

                                         Recibe un cordial saúdo

martes, 22 de marzo de 2011

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2011-2012

O prazo para presentar solicitudes de admisión en centros docentes será desde o día 1 ata o 31 de marzo de 2011. 

Achéganse as instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión do alumnado para o curso académico 2011/2012.

 Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión do alumnado para o curso académico 2011/2012

 Corrección de erros das instruccións


 Anexo II: Modelo para presentar á solicitude de Admisión



As solictudes deberán ir acompañadas de:

  • Documento acreditativo da idade do neno/a, DNI ou Libro de familia.
  • DNI dos pais/titores, co fin de evitar erros nos datos introducidos no XADE.
  • Documentación acreditativa dos criterios alegados para a baremación, xa que é habitual no noso centro que o número de solicitudes superen as prazas ofertadas, poden entregar xa a documentación que consideren para ser puntuados.


* Todas as copias presentadas deberán ir acompañadas dos orixinais co fin de garantir a súa autenticidade.

 SECRETARÍA: Horario de atención ao público de 9 a 9:50

CALENDARIO:

·       Publicación da listaxe provisional día 27 de abril.
·       Prazo de reclamacións do 27 de abril ao 5 maio.
·       Publicación da listaxe definitiva día 10 de maio
·       Formalización da matrícula do 20 ao 30 de xuño.

xoves, 10 de marzo de 2011

4º Edición do programa de actividades Mexturanzas

MESTURANZAS é un programa de lecer e tempo Libre organizado pola Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA-PONTEVEDRA) en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, dirixido a familias (pais, nais e fillos/as) dos colexios públicos do concello de Pontevedra. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a participación conxunta de nais/pais e fillos/as en actividades nas que poder compartir experiencias, diversión e aprendizaxe.

Actividades 3 a 7 anos

Obradoiro de creatividade Sensorial

Cada sesión xirará en torno a un tema ou historia relacionada cos sentidos (o mundo de olorín oloroso, o captador de sons, o toca-toca, ...) co que iremos traballando cos nenos/as a percepción sensorial do seu propio corpo e do mundo que o rodea dunha maneira lúdica e divertida

Obradoiro de xogos e cancións

A través da proposta de diferentes xogos e cancións axeitados ás idades (simbólicos, de roda, de correr, con xestos, rítmicos ….)os nenos/as terán a oportunidade de comunicar, expresar e relacionarse cos iguais nun ambiente san e distendido, desenvolvendo ao tempo as súas capacidades motrices, creativas e imaxinativas.

Obradoiro de barro

Traballar con barro proporciónalle ao neno/a unha experiencia multisensorial, estimula a súa imaxinación construtiva e desenvolve a súa coordinación dinámica manual : amasamos, estiramos, facemos figuras con churros, bolas, placas…

Actividades 8 a 12 anos

Obradoiro de experimentos

Os/as nenos/as terán a oportunidade de ver, tocar e entender diferentes aspectos da física, química, bioloxía e astronomia: realizar fabulosas reaccións químicas, saber todo sobre a composición dos alimentos, observar as bactérias ao microscópio, construir pequenos aparatos científicos (densímetros, hidrómetros, ….)

Xogos populares e tradicionais

A partires de xogos de toda a vida, os nenos aprenderán a relacionarse dun xeito aberto, curioso e participativo con outros nenos/as, coñecendo e estimando o seu patrimonio cultural e oral. Habendo tamén un espazo para convidar aos pais e nais a compartir cos fillos/as os xogos que practicaban na súa infancia

Obradoiro de cerámica e modelado

Neste obradoiro o/a neno/a adquirira as técnicas e os coñecementos do modelado básico para traballar libremente a cerámica; achegándoo a busca da expresividade, da creación manual a través do modelado de obxectos tanto utilitarios coma esculturais.

Actividades Pais e nais

Risoterapia e xestión do estres

Este obradoiro quere brindar aos pais e nais un espazo para desfacerse do estres semanal e dotalos de ferramentas e estratexias para saber xestionalo dunha maneira lúdica e creativa.

Danzas do mundo

Un espazo de encontro a través das danzas e as músicas tradicionais de diferentes pobos do mundo. Non fai falta ter experiencia previa, as danzas serán dun nivel inicial e medio en canto a dificultade. 

Actividades en familia

Patinaxe

O obxectivo deste obradoiro e o de divertirse e aprender a patinar en familia con exercicios técnicos propios deste deporte e xogos de todo tipo adaptados e aplicados aos patíns.

Sendeirismo e Tempo Libre

Proporcionar ás familias unha ocasión de convivencia, lecer e coñecemento do noso entorno natural e cultural.




TRÍPTICO MESTURANZAS