Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 22 de decembro de 2011

BO NADAL: Papa Noel visita o Ceip Álvarez Limeses


O pasado mércores, 21 de Nadal, os alumnos do C.E.I.P. "Álvarez Limeses" recibiron a alegre visita de Papá Noel. Acompañado por membros da Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais, obsequiou a todos os nenos con doces e preguntoulles polo seu comportamento durante todo o ano. Os nenos charlaron con el e fixeronse mogollón de fotos e alguns incluso se arrancaron a cantarlle unhas panxoliñas.

¡Como parece que todos son moi bos, durante este nadal, todos recibirán moitos xoguetes!

De seguido podedes ver unha pequena montaxe dixital da visita de Papa Noel,  un video coas panxoliñas e  a reportaxe fotográfica íntegra da visita de Papá Noel.... esperemos que vos gusten:










  FOTOS VISITA PAPA NOEL 

   *Click na imaxen para acceder as fotos con maior resolución.


                                                                Recibide un cordial saúdo de

martes, 20 de decembro de 2011

AVISO: MAÑA DIA 21 DE NADAL NON HAI ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES



Debido aos períodos vacacionais  maña día 21 de decembro de 2011(Nadal), asi como o día 17 de febreiro ( Antroido) e 30  de marzo de 2011 ( Semana Santa ) non haberá actividades extraescolares.

                                                      Recibide  un cordial saúdo


xoves, 15 de decembro de 2011

Conta Contos nas Orellas




CONTA CONTOS

O VENRES 16 de decembro
NA BIBLIOTECA PÚBLICA “Antonio Odriozola”

“CONTOS NAS ORELLAS”, A CARGO DE BEA CAMPOS DE  MIGALLAS TEATRO

UN CHISCO DIFERENTE
Os ovos misteriosos
Pequeno azul, pequeno amarelo
Que che gustaría ser?
Malena, a nena balea

Público infantil. Recomendado a partir de 4 anos
Hora: 18.00 h.
Salón de actos





                                                                      Recibe un cordial saúdo


martes, 13 de decembro de 2011

Enquisa ás familias

Estimadas/os nais e pais, dende a xunta directiva da ANPA queremos saber a vosa opinión acerca de diferentes cuestións, para poder mellorar os servizos que lles damos ás/aos nenas/os. Por iso fixemos ista enquisa en modelo formulario pdf para que a poidas cubrir directamente no ordenador de xeito, voluntario e anónimo. Resaltade cada resposta e despois  de ser impresa introducila na caixa de correo da ANPA.

Enquisa as Familias Anpa

                                                               Recibide un Cordial Saúdo


ACTIVIDADE: ANÍMATE A UNHA TARDE DIFERENTE EN PONTEVEDRA



ACTIVIDADE: ANÍMATE A UNHA TARDE DIFERENTE EN PONTEVEDRA


Data: 16 de decembro
Horario: dende as 16:30 as 19:30 horas
Lugar: CEIP CAMPOLONGO
Programación: Actividades de Globoflexia
Actividade de maquillaxe artístico-infantil
Xogos con Paracaídas e pelotas xigantes
Animación Musical
Gymkhana temática
Dous castelos inchables

O próximo venres día 16 de decembro no CEIP CAMPOLONGO en horario de 16,30 a 19,30 h, a Escola de Tempo Libre FESAN Pontevedra coa colaboración da Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra organiza unha actividade de ocio e tempo libre que ten por nome ¡¡Anímate a unha tarde diferente en Pontevedra!!

Anímate a unha tarde diferente! está aberta a toda a poboación que se achegue ao colexio e contará con actividades de globoflexia, xogos con paracaídas e pelotas xigantes e  maquillaxe artística para converterse nun personaxe de conto. Ademais os que queiran poderán participar nunha gymkhana temática con xogos e probas sorprendentes ou subir aos dous castelos inchables. Todas as actividades estarán coordinadas polo equipo de monitores e alumnos da Escola de Tempo Libre FESAN Pontevedra formado por un total de 100 integrantes.

A través desta iniciativa tanto a Escola como o Concello queren animar ás pontevedresas e pontevedreses a participar nunha actividade lúdica para todos e promover hábitos de ocio e entretemento saudable. A entrada será libre, contribuíndo así a unha xornada de lecer en familia.

A Escola de Tempo Libre FESAN leva máis de 10 anos organizando actividades de ocio e tempo libre, xa que dentro dos seus obxectivos está o de promover hábitos de ocio e entretemento saudable entre os nenos, mozos e maiores. Estes obxectivos véñense logrando con éxito ao ampliar FESAN, a través da súa Escola, o seu ámbito de actividade á promoción de profesionais formados en cursos tales como monitor de ocio e tempo libre, monitor de comedor escolar, monitor de transporte escolar, animador xerontológico ou monitor de persoas con discapacidade.

Isto permite a FESAN ofrecer unha catálogo integral de servizos de ocio e entretemento saudable que van dende a prestación directa deste tipo de servizos ata a formación, contratación e apoio á inserción laboral de profesionais en centros tales como ludotecas, escolas infantís, campamentos, comedores escolares, empresas de transporte escolar ou centros de maiores. 

Se chove farase dentro do Pavillón do CEIP Campolongo, senón no patio exterior do centro. 

                                                                   Recibe un cordial saúdo de:



venres, 9 de decembro de 2011

FAITE PAXE : Lograrás que ningún neno/a pase frió este Nadal



Un ano máis, dende a Asociación de Mozos Empresarios de Pontevedra queremos conseguir que todos os nenos da provincia sorrían este Nadal. 

Por iso pedímosvos a vosa colaboración, para que os nenos non pasen frío mentres ven a Cabalgata.

Gustaríanos que cada un de vós trouxese unha peza de roupa que estea en bo estado para que outros nenos, de entre 1 e 16 anos, poidan utilizala durante o inverno. 

A roupa debería estar dentro dunha bolsa e levar unha etiqueta ben visible co talle da peza ou a idade do usuario. As pezas entréganse nas oficinas da FANPA, antes do próximo venres día 16. 

Dende AJE Pontevedra e a FANPA agradecémosvos de corazón a vosa colaboración que, vos aseguramos, arrancará un sorriso tanto a pais coma a fillos.

Recibe un cordial Saúdo de:


xoves, 8 de decembro de 2011

Propostas excursión 6º PRIMARIA CURSO 2011/12

OBXECTIVOS EDUCATIVOS:

- Potenciar a autonomía persoal do neno/a e a capacidade de actuar por si mesmos, cultivando actitudes cara a liberdade responsable.

- Favorecer a práctica de hábitos de convivencia e de respecto e tolerancia ós outros dentro dun contexto diferente ó habitual.

- Contribuír á adquisición dunha actitude positiva cara ó medio ambiente, aumentando a sensibilidade polo coidado e coñecemento do entorno.

- Posibilitar o achegamento xeográfico e cultural a unha zona do interior de Galicia.

- Iniciar en actividades deportivas ó aire libre en contacto coa natureza.

- Promover o ocio activo e a diversión en grupo dunha maneira san e responsable.

¡TI ELIXES!


Mais Información: Propostas excursión 6º PRIMARIA CURSO 2011/12

                                                                      Recibide un cordial saúdo




mércores, 30 de novembro de 2011

ACTIVIDADE: ANÍMATE A UNHA TARDE DIFERENTE EN PONTEVEDRA




ACTIVIDADE: ANÍMATE A UNHA TARDE DIFERENTE EN PONTEVEDRA
Data: 3 de decembro
Horario: dende as 16:30 as 19:30 horas
Lugar: Praza da Ferrería
Programación: Actividades de Globoflexia
Actividade de maquillaxe artístico-infantil
Xogos con Paracaídas e pelotas xigantes
Animación Musical
Gymkhana temática
Dous castelos inchables

O próximo sábado día 3 de decembro na Praza da Ferrería en horario de 16,30 a 19,30 h, a Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra colabora coa Escola de Tempo Libre FESAN Pontevedra nunha actividade de ocio e tempo libre que ten por nome ¡¡Anímate a unha tarde diferente en Pontevedra¡¡.

Anímate a unha tarde diferente! está aberta a toda a poboación que se achegue á Praza e contará con actividades de globoflexia, xogos con paracaídas e pelotas xigantes e maquillaxe artística para converterse nun personaxe de conto. Ademais os que queiran poderán participar nunha gymkhana temática con xogos e probas sorprendentes ou subir aos dous castelos inchables. Todas as actividades estarán coordinadas polo equipo de monitores e alumnos da Escola de Tempo Libre FESAN formado por un total de 100 integrantes.

A través desta iniciativa tanto a escola como o Concello queren animar ás pontevedresas e pontevedreses a participar nunha actividade lúdica para todos e promover hábitos de ocio e entretemento saudable. A entrada será libre, contribuíndo así a unha xornada de lecer en familia.

A Escola de Tempo Libre FESAN leva máis de 10 anos organizando actividades de ocio e tempo libre, xa que dentro dos seus obxectivos está o de promover hábitos de ocio e entretemento saudable entre os nenos, mozos e maiores.

Ademais con esta iniciativa o Concello de Pontevedra busca dinamizar a vida cultural da cidade e axudar a intensificar a actividade económica do entorno hostaleiro e comercial da praza da Ferraría.
En caso de choiva a actividade será trasladada a outro día.

                                                   Recibide un Cordial Saúdo de:





XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO CITA




XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO CITA


Con motivo do primeiro aniversario do Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA), a Concellaría de Patrimonio Histórico organiza unhas xornadas de portas abertas que terán lugar os días 2, 3 e 4 de decembro de 2011.

O obxecto destas xornadas é que as entidades sociais e a cidadanía en xeral poidan visitar con acceso gratuíto este equipamento cultural integrado na rede de espazos arqueolóxicos do centro histórico de Pontevedra. Ademais de coñecer as estruturas construtivas da fortaleza, a visita permite facer un achegamento audiovisual á historia da cidade de Pontevedra desde a época romana ata os tempos modernos.

As persoas interesadas deberán dirixirse ao CITA no horario de apertura ao público (luns a sábado de 10 a 14 e de 16 a 19 horas; domingos e festivos de 10 a 14 horas; martes pechado) ou facer a solicitude chamando ao número 986 090 677.

No caso das entidades (centros educativos, asociacións) poderán concertar unha visita para grupos dun máximo de 25 persoas nas xornadas de portas abertas (2, 3 e 4 de decembro) ou nos seguintes días do mes de decembro: venres 9, sábado 10, venres 16 e sábado 17.

                                                                               Recibide un cordial Saúdo de:




CONTACONTOS: "CONTOS NAS ORELLAS"

 

CONTA CONTOS

O VENRES 2 de decembro
NA BIBLIOTECA PÚBLICA “Antonio Odriozola”

 “CONTOS NAS ORELLAS”, A CARGO DE BEA CAMPOS DE MIGALLAS TEATRO

PINCELADAS Ó REDOR DE VELÁZQUEZ
Moncho e a mancha
Un cadro de Velázquez
De papel de papel
A casa dos gatos


Público infantil. Recomendado a partir de 4 anos      
Hora: 18.00 h.
Sala infantil






                                                               Recibide un Cordial Saúdo de:



mércores, 23 de novembro de 2011

Escolas de Nadal Curso 2011-2012


Unha ludoteca de lingua inglesa e a ampliación do horario e do número de prazas ofertadas son as principais novidades que traen consigo este ano as 'Escolas de Nadal'. A iniciativa, organizada pola Federación de Asociacións de Nais e Pais de Pontevedra (Fanpa) grazas á colaboración do Concello, desenvolverase entre os días 22 de decembro e 5 xaneiro nos colexios Álvarez Limeses, Barcelos eCampolongo.

Esta nova edición do programa, que pretende favorecer a conciliación da vida laboral e familiar nos períodos vacacionais.

Escola de Nadal  de LINGUA INGLESA no CEIP ÁLVAREZ LIMESES:

Nesta ESCOLA DE NADAL DE LINGUA INGLESA DO CEIP ALVAREZ LIMESES os nenos encargaranse de levar a cabo toda a preparación dunha gala de Nadal e unha festa de fin de escola. Para iso realizaranse obradoiros de COCIÑA, MAUALIDADES, TEATRO, BAILE…que serán postos en marcha o día da gran gala final, que se realizara o último día de campamento. Tódalas actividades terán un fondo educativo na LINGUA INGLESA, ónde as actividades lúdicas serán levadas a cabo por Monitores Cualificados no idioma estranxeiro

  • DATA:22 DECEMBRO 2011 A 5 XANEIRO 2012
  • HORARIO: 09:00 A 14:00
  • LUGAR: CEIP ÁLVAREZ LIMESES
  • IDADES DE 3 A 12 ANOS
  • PRAZO de INSCRICIÓN do 21 ó 25 de NOVEMBRO


  Folleto Escola de Nadal

  Folla Inscripción Nadal Lingua Inglesa Alvarez Limeses

                                                                 Recibide  un cordial Saúdo


luns, 21 de novembro de 2011

Camiño Escolar Alvarez Limeses na TVE



Nalgunhas cidades de España, entre elas Pontevedra , de xeito pioneiro en Galicia, púxose en marcha unha iniciativa chamada "camiño escolar. " O obxectivo é que os nenos vaian andando ata o colexio de xeito autónomo e con todas as garantías de seguridad. En os cruzamentos máis estratéxicos, monitores uniformados e voluntarios deteñen o tráfico. Moitos dos cincocentos alumnos deste colexio participan xa no camiño escolar. Un programa para que os pequenos cidadáns sexan máis autónomos e adquiran o saudable hábito de camiñar.

                                                                                       Recibide un cordial saúdo de




luns, 14 de novembro de 2011

Circular 4 de 14 de novembro de 2011. Curso 2011-12.




Queremos recordar que continua aberta a oferta na maioria das actividades extraescolares organizadas pola Anpa para o presente curso. Agora que as/os nenas e nenos xa mostraron algún interese ou non polas actividades que escollichedes nun principio ou ben necesitan un complemento para un día determinado, lede as opcións seguintes que consideramos moi interesantes:

Informática visual. Os Mércores de  16:30 a 18:00 hs. Actividade na que as/os participantes  alumnos de 3º a 6º de primaria e nais e pais aprenderán non só coñecementos de informática senón tamén a súa aplicación práctica, así na fotografía (retoque fotográfico, montaxes,…). Esta actividade malia ser de hora e media, terá un custe de 12 €, e ao longo do curso haberá a maiores talleres nos que se farán diversas prácticas como curtrametraxes, edición musical, uso de periféricos… sen custe adicional.

Patinaxe. Martes de 17:30 a 18:30 hs. Para alumnos de primaria. Deporte de lecer para practicar toda a familia. Animádevos e facede ista actividade coas vosas fillas e cos vosos fillos para mantervos en forma.

Obradoiro creativo de artes plásticas. Para infantil e primaria. Os venres de 16:30 a 18:00 hs. Nunha amenísima aula os participantes aprenden a facer todo tipo de adornos (flores de papel, cinceiros), xoguetes (peluches), etc. Con materiais de rexeitamento, fomentando a creatividade, as habilidades manuais e mentais e o aproveitamento de cousas que tiramos ao lixo. Os resultados vos sorprenderán coma xa nos ocorre a algún de nós.

Para saber máis destas e outras actividades extraescolares chamade ao teléfono 615 780 528.

Lembrade que a directiva da Anpa agarda e agradece todas as vosas queixas, opinións e suxerencias sobre calquera tema que creades oportuno.
Grazas a todas/os. 




                                                                                      Recibide  un cordial Saúdo de 



venres, 4 de novembro de 2011

INFORMÁTICA VISUAL



INFORMÁTICA VISUAL

A Anpa oferta a actividade de informática visual para as nenas e os nenos de 3º a 6º de Primaria na que se mesturan os coñecementos de informática coa fotografía dixital. Esta actividade terá un custe de 12,00 € e una duración por sesión de 1h 30’. Poderá ser os luns ou os martes ou mércores, segundo o/os grupo/s que se formen, de 16:30 a 18:00 hs.

Este obradoiro pretende introducir aos nenos e nenas no fascinante mundo da informática, de xeito divertido e práctico co que irán adquirindo habilidade e experiencia no uso do ordenador e da utilización do mesmo para a mellora dos seus coñecementos sobre a fotografía. Adianto do programa:

• O ordenador e os seus periféricos. Aprendizaxe do uso do rato e o teclado.
• Ferramentas que forman Microsoft Office. Internet.
• Coñecer as normas básicas de saúde e seguridade co pc e internet.
• Como gardar e organizar as fotos nunha carpeta no ordenador. Crear, mover, copiar, cortar… en Windows.
Primeiros pasos en Paint: Como “tunear”a miña foto ou amañala un montón.
Primeiros pasos en Photoshop: A que te borro da miña foto ou te poño bigote

Partindo de que a fotografía é un medio de expresión e comunicación e por suposto un camiño para a expresión da creatividade, neste obradoiro tratárase de introducir aos rapaces/zas neste medio visual dun xeito lúdico e tamén educativo, por este motivo trataranse diferentes temas:

  • Que é a fotografía , a quen se lle ocorreu.
  • Como conseguir que as miñas fotos saian mellor.
  • A miña cámara. Xa que a teño, voulle a sacar partido aprendendo a usar os seus menús.
  • Realización de concursos de fotografía.
  • Exposición dos traballos fotográficos realizados.

Asemade cada certo tempo haberá obradoiros relacionados, sen incremento no custe como realización de curtametraxes, edición musical, etc.

Contamos que ista oferta sexa de tanto interese para vós coma o é para nós.

                                                         
                                                                 Recibide un cordial Saúdo


Circular 3 de 3 de novembro de 2011. Curso 2011-12.



Con ista circular a Anpa únese a unha campaña que xá iniciaron diversas institucións e empresas para reducir o gasto innecesario de papel. A partir de agora as comunicacións da Anpa estarán escritas pólas duas caras da folla, Así que dalle a volta e saberás mais.

Tamén o número de telefono da Anpa mudou, agora é o 688 90 80 80. Um número mais doado de lembrar e no que poderás consultar calquera dúbida, facer suxerencias, etc. Lembra que buscamos a túa participación con ideas, comentarios, críticas, interpelacións. Non deixes de visitar periodicamente o noso blog.

Comezamos o envio de correos electrónicos masivos con información de interese para todas/os. Se non recibes o mesmo, ponte en contato mediante um correo e te incluiremos nos envíos.
Sabes que lle tes que dar a volta a ista folla para saber máis? Pois dalla!

                                                                     Recibe un Cordial Saúdo


luns, 31 de outubro de 2011

FELIZ SAMAÍN (HALLOWEEN)


Moitas son as celebracións en torno á festa de SAMAÍN (Halloween), unha festa que os nenos/ás acollen con moito cariño. É o momento de disfrazarse, de dar medo aos amigos e pasar unha noite de medoooo¡¡¡¡

Despois de xogar e aprender moitas cousas sobre SAMAÍN e de facer a nosa caveira de cabaza quédanos mover o esqueleto ao tempo que practicamos inglés.¡DIVÍRTIDEVOS!





Recibide un terrorífico saúdo de....