Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 30 de xaneiro de 2012

CONCERTO “A ITALIA DESCOÑECIDA”


 
CONCERTO “A ITALIA DESCOÑECIDA”

XOVES, 2 DE FEBREIRO – 21H
TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA

Ciclo de Butaca 2012

Programa

Impressioni di Sardegna...Lao Silesu (arr. Hardy Mertens)
Il Pastore Svizzero [Pezzo da Concerto per Flauto e Banda]...Pietro Morlacchi.
Suite Marchigiana...Luciano Feliciani
Banda Sucre [Marcia Sinfonica]...G. Orsomando

Director convidado: Andrea Loss
Frauta solista: Adrián Silva


Entrada libre ata completar aforo
   
Máis información en:
www.bandamusicapontevedra.org
 
Banda de Música de Pontevedra
R\Alfonso XIII, Nº 7. 36002. Pontevedra

Director convidado: Andrea Loss
Solista: Adrián Silva Magdalena, frauta



Recibe un cordial saúdo


venres, 20 de xaneiro de 2012

Entroido 2012



Como todos os anos a Anpa organiza os bailes de entroido na Discoteca Daniel (rúa Daniel de la Sota) en horario de 17:00 a 20:00 hs. os seguintes dias:

  • Mércores, 15 de febreiro. Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
  • Xoves, 16 de febreiro. Alumnado de infantil (3, 4 e 5 anos) e 1º e 2º de Primaria.

O ano pasado o prezo por persoa foi de 3,00 €, este ano o prezo por persoa para socios e acompañantes será de 1,00 €, ista cantidade só é posíbel porque conta cunha subvención da Anpa. O prezo para non socios mantense en 3,00 €.Agradecemos que se vaia co diñeiro xusto. Non é necesario reserva nin entrada, cobraráse na porta.

Agardamos que os acompañantes acudan disfrazados coas rapazas e cos rapaces.

Recibide un cordial saúdo

Circular 5 de 19 de xaneiro de 2012. Curso 2011-12



Pago 2º cuatrimestre da Piscina de Campolongo

O pago do 2º cuatrimestre (febreiro a maio) da Piscina de Campolongo será de 9:00 a 9:30 hs. na recepción do colexio os seguintes dias:
  • Martes, 24 de Xaneiro para as/os que xá estiveron apuntados no anterior cuatrimestre.
  • Mércores, 25 de Xaneiro para as/os que se queiran apuntar agora.

A concesionaria da instalación, Serviocio, subiu o prezo respecto do anterior nun euro, polo que a cantidade a abonar é de 30,00 €. 

Tedes que dar o nome, apelidos, idade e teléfono de contacto. 
Traede o diñeiro xusto. Grazas.

Enquisa a nais e pais


Nos próximos dias colgaremos no blog os resultados da enquisa que vos fixemos en decembro. Se algunha persoa non ten acceso a internet, pode solicitar unha copia escrita no teléfono da Anpa 688 90 80 80.

                          
Recordatorio: A Xunta directiva da Anpa espera das nais e pais, sexan socios ou non, que nos fagan coñecer as súas inquietudes, protestas, ideas, queixas, reclamacións, preguntas... sobre as actividades extraescolares, funcionamiento do Colexio, e outras calquera cuestións que se susciten... Só se temos coñecemento de como trancurren as cousas poderemos actuar para facilitar unha mellor convivencia e calidade do ensino para as nosas fillas e os nosos fillos.



Grazas pola vosa  participación!
   

Recibide un cordial saúdo
                                                                                             


mércores, 18 de xaneiro de 2012

DISNEY EN CONCERTO




DISNEY EN CONCERTO
(Concerto en familia)

SÁBADO, 21 DE XANEIRO – 19:30H
TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA

Ciclo de Butaca 2012

Programa

Fantasía (Jonny E. Vinson)
Cicle of life - Rey León
A Disney spectacular
Hook
Aladín
The incredibles
Titanic
Los picapiedra

Solista: Marina Penas (soprano)
Director titular: Juan Lois Diéguez

Concerto de pago:
Entrada 3€ (a venda en: www.servinova.com (http://taquilla.servinova.com/entradas/main.php#), 902 504 500 ou no despacho de billetes do Teatro Principal unha hora antes do concerto)

Máis información en:
www.bandamusicapontevedra.org
 
Banda de música de Pontevedra
R\Alfonso XIII, Nº 7. 36002. Pontevedra

Recibide un cordial saúdo


luns, 9 de xaneiro de 2012

Pasado o Nadal...volta ao cole!



Tras vivir uns días repletos de maxia e ilusión...regresamos á actividade cotiá. A volta ao cole é un clásico que ten moitas lecturas: o que uns contemplan como unha liberación, os pais e avós que tiveron que encher con xogos e paseos as vacacións escolares, é para outros, os máis pequenos, unha mala noticia. Hai que volver a clase e aínda que a case todos lles apetece moito aquilo de ver os seus amigos, non teñen nin chisco de ganas de volver estudar. Os novos xoguetes volven a huchas e estantes á espera de ser resucitados os fins de semana.

Dende o Anpa Álvarez Limeses esperamos que houberades gozado destes días de "relax, enchentas e ilusións varias" e que tivésedes posto as baterías de Li-Ion en modo recarga total para afrontar este ano tan enigmático e profético que arrancamos…..

Recibide un cordial saúdo


luns, 2 de xaneiro de 2012

PREMIO POSTAL DE NADAL: COMEDOR CEIP ÁLVAREZ LIMESES


Serunión Educa tivo a ben outorgar o premio á mellor postal ao comedor do CEIP Álvarez Limeses. En canto saibamos de que postal se trata, e quen son as/os autoras/es colgarémola niste blog.

¡NORABOA COMEDOR DO CEIP ÁLVAREZ LIMESES!!!

Recibide un cordial  saúdo