Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 30 de maio de 2013

EXPOSICIÓN DEBUXO E PINTURA: DO 28 DE MAIO Ó 2 DE XUÑO NO MERCANTIL


Baixo a supervisión da proferosa Marga Torres, os alumnos/as da actividad extraescolar "DEBUXO E PINTURA",organizada pola Anpa Ceip Alvarez Limeses,  viñeron realizando diferentes traballos ao longo do curso. Froito desta actividade son varios murais, traballos , pousavasos, ovos decorativos etc...

Dende o pasado Martes 28 de Maio ata o Domingo 2 de Xuño quedaron expostos, para deleite de todos, na 2ª Planta do Casino Mercantil






Listaxe de admitidos escola de verán 2013

Adxuntamos as listaxes de admitidos /as nas escolas de verán, no caso dalgún erro pregamos nolo comuniquen mediante correo electrónico (actividades@nontedurmas.org), coa finalidade de que poidamos buscar a súa solicitude entre as 1368 recibidas e solucionalo na maior brevidade posible.

Lembramosvos que tedes de prazo para realizar o pago (tanto das ludotecas como do servizo de comedor e madruga) ata o día 6 de xuño (no concepto teñen que indicar o nome do neno/a e “ludotecas de verán”) , tendo que enviar o xustificante do mesmo ben por correo electrónico (actividades@nontedurmas.org), ou presencialmente na sede da FANPA.

O prazo máximo para a entrega do xustificante é o día 6 de xuño ás 14:00 horas.

RECORDAMOS QUE O INGRESO DE LUDOTECAS, O DE COMEDOR E O DE MADRUGA SON EN NÚMEROS DE CONTA DISTINTOS.

LUDOTECA: 2080 5046 20 3040025538
COMEDOR: 0182 0999 88 0208517460
MADRUGA: 2080 5480 96 3044115901

ESCOLA DE VERÁN MANUEL VIDAL PORTELA
Excel - 10.5 KB
1 quincena xullo
Excel - 7.5 KB
2 quincena de xullo
Excel - 6.5 KB
1 quincena agosto
Excel - 6.5 KB
2 quincena de agosto
ESCOLA DE VERÁN DE CAMPOLONGO
Excel - 14 KB
1 quincena xullo
Excel - 14 KB
2 quincena de xullo
Excel - 11 KB
1 quincena de agosto
Excel - 11.5 KB
2 quincena de agosto

ESCOLA DE VERÁN DE BARCELOS

Excel - 11 KB
1 quincena xullo
Excel - 10 KB
2 quincena xullo
Excel - 8.5 KB
1 quincena agosto
Excel - 9 KB
2 quincena de agosto
ESCOLA DE VERÁN DE MARCOS DA PORTELA
Excel - 7 KB
1 quincena de xullo
Excel - 7 KB
2 quincena de xullo
Excel - 6.5 KB
1 quincena agosto
Excel - 6 KB
2 quincena de agosto
ESCOLA DE VERÁN DE VILAVERDE
Excel - 10.5 KB
Mes de xullo
Excel - 9 KB
Mes de agosto
ESCOLA DE VERÁN DE XEVE
Excel - 7 KB
Excel - 6 KB
Mes de agosto
ESCOLA DE VERÁN DE PONTESAMPAIO

Excel - 7 KB
Mes de xullo
Excel - 6.5 KB
Mes de agosto

ESCOLA DE VERÁN CABANAS
Excel - 7 KB
Mes de xullo
Excel - 6.5 KB
Mes de agosto

luns, 27 de maio de 2013

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN DEBUXO E PINTURA: MAÑA MARTES 28 DE MAIO NO MERCANTIL



Maña as 18:30 horas, no Mercantil inauguracion da exposición das obras feitas na actividade extraescolar de debuxo e pintura dirixida e organizada pola profesora MARGA TORRES.

Por outro lado o pasado mércores 22 de Maio a profesora Marga Torres realizou unha saida aos Xardins de Casto San Pedro para levar a cabo unha das suas clases.






Ciclo de cine: Sábado 1 de Xuño "Ponyo nos cantís"



Ponyo nos cantís (Gake no ue no Ponyo)

A historia de Sosuke, un rapaz de cinco anos, e a súa relación cunha princesa peixe que ansía converterse en ser humano. Libre adaptación de “A pequena serea” que obtivo unha moi boa crítica no Festival de Venecia de 2008.

1 de xuño | 17 horas

Duración: 100 minutos

Recomendada para niñ@s mayores de 6 años

FOTOS EXCURSION ALUMNOS/AS 6º A CABEZA DE MANZANEDA

OS MOZOS E MOZAS DE 6º NON ESQUECERÁN 
AS AVENTURAS VIVIDAS  NA SÚA DERRADEIRA EXCURSIÓN NO 
CEIP ÁLVAREZ LIMESES


ESTACIÓN CABEZA DE MANZANEDA

O LUGAR:
Zona natural del interior de Galicia, Manzaneda é un municipio da Provincia de Ourense situado a 80 kms ó Este da cidade de Ourense. Pertence á Comarca de Trives e destaca polo pico "Cabeza de Manzaneda", segundo punto máis alto de Galicia con más de 1.778 metros de altitude.





xoves, 23 de maio de 2013

Circular 14 de 23 de maio de 2013. Curso 2012-2013




Circular 14 de 23 de maio de 2013. Curso 2012-2013

Ciclo de cine
O último filme do ciclo de cine proxéctase o sábado 1 de xuño de 2013 a partires das 17:00 hs., trátase da película de animación xaponesa “Gake no ue no Ponyo” (Ponyo nos cantís) do director Hayao Miyazaki (“Porco rosso”, “A viaxe de Chihiro”, “A pricesa Mononoke”). Sobresaliente filme de animación do extraordinario director nipón. No auditorio do Sexto edificio do Museo de Pontevedra.
O reparto de billetes será o vindeiro martes 28 de maio de 9:00 a 9:15 hs. no vestíbulo de dirección do colexio.

Reparto de balde de libros

A Xunta directiva acordou facer un novo reparto de libros de balde para as/os que non puideron recollelos o sábado asignado. Será o luns 3 de xuño de 17:00 a 20:00 hs. no edificio do comedor do colexio. Só para asociadas/os e teñen que vir cada nena/o en persoa interesada/o.
Ista iniciativa supón un esforzo grande tanto por parte de OQO editora como da Anpa ñpolo que agardamos teña unha boa acollida.


As persoas que non se anotaron a istas excursións aínda está a tempo de facelo, son o sábado 8 de xuño de 2013. Deben entregar o antes posíbel a folla de inscrición debidamente cumprimentada, a fotocopia da cartilla sanitaria e o importe. Máis información como sempre no blog e no teléfono da Anpa.

Varios
Día da muiñeira. A Anpa participa cun grupo de rapazas e rapaz, que veu preparándose os últimos sábados, no Día da muiñeira que se celebra na tarde do venres 31 de maio de 2013 polas rúas da zona vella de Pontevedra e na avenida Montero Ríos.

Actividades extraescolares. No mes de xuño haberá actividades extraescolares as dúas primeiras semanas de mes; o cargo por parte da empresa será pola metade do importe mensual habitual.
Nas diferentes actividades preparan os monitores exhibicións e demáis. Por exemplo en fúbol de pequenos haberá un partido entre eles. En baloncesto estamos a programar uns partidos contra Campolongo. En debuxo e pintura unha exposición de traballos, etc. Estade atentos.

Orlas de fin de ciclo de infantil e primaria. Nos próximos días repartiranse entre os alumnos de 6º de infantil (5 anos) e 6º de primaria as fotos e orlas de fin de ciclo. A mecánica será a mesma que nas fotos xa repartidas. Agardamos que sexan do voso interese, pero senón estades interesados POR FAVOR devolvede o sobre sen abrir.

Festa fin curso. No último día lectivo a Anpa fará a festa fin de curso para todos os alumnos do colexio. Estamos a pensar nunha festa novidosa que recupere actividades de sempre. Só podemos adiantar que este ano non teremos festa da auga. Podedes, coma sempre, aportar ideas e opinións, é o carburante que mantén en marcha ista organización.

luns, 20 de maio de 2013

Listaxe de finalistas do I certame literario




A entrega de premios será:

Día: 27 de maio
Hora: 19.00 h
Lugar: salón de actos do Pazo da Cultura


Na entrega de premios e diplomas darase a coñecer o gañador/a de cada categoría.
Queremos agredecer a participación de todos/as neste primeiro certame de relato curto.



Word - 21 KB
Listaxe finalistas.doc







luns, 13 de maio de 2013

PRESENTACIÓN: "TRES ANOS FACENDO CAMIÑO"

Algo máis dun centenar de alumnos do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Álvarez Limeses, o 25% da súa matrícula, acoden cada día camiñado "sós" a clase. Fomos pioneiros do proxecto "Camiños Escolares" que impulsa o Concello de Pontevedra en colaboración coa ANPA e O CEIP ALVAREZ LIMESESpor mor de ista circunstancia dende a ANPA ALVAREZ LIMESES montamos este video que se presentou  na visita ao concello de Carballo na visita que realizamos conxuntamente con membros do Concello e Policia Local


Agardamos sexa do voso interese



Excursión de 6º de infantil e 1º de primaria ao Parque arquelóxico de Campo Lameiro


O Parque arqueolóxico da arte rupestre é un ambicioso equipamento cultural creado ao abeiro da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico –RGPA-, un programa deseñado pola Consellería de cultura e turismo da Xunta de Galicia coa finalidade de xerar un modelo integrado de xestión que satisfaga o necesario equilibrio entre conservación, investigación e difusión dos petróglifos de Galicia.O Parque arqueolóxico é un equipamento público para a investigación e para a produción de coñecemento experto sobre este patrimonio cultural, pero tamén é un espazo para transmitirlle ao público visitante un coñecemento sobre os petróglifos galegos rigoroso e, ao tempo, lúdico, didáctico e emocionante.O Parque arqueolóxico ofrece un conxunto heteroxéneo de actividades, dirixidas tanto a adultos coma ao público infantil, que pretenden ofrecer contidos patrimoniais e experiencias dunha maneira didáctica, lúdica e participativa.Escavar unha cabana, cazar con arco ou cunha xavelina, fabricar vaixelas de cerámica como as da Idade do bronce, aprender a prender lume sen mistos nin chisqueiros, facer calcos de petróglifos como os arqueólogos... son só algunhas das propostas de talleres e exhibicións que se ofrecen ao longo do ano no Parque arqueolóxico da arte rupestre de Campo Lameiro. 

O prezo inclúe os seguintes servizos:
Viaxe ida e volta en autobús dende Pontevedra.
Entrada ao parque.  Xantar (ver menú).
Programa de actividades. Monitores de tempo libre.
Realización de actividades e un dos obradoiros.
Realización  de actividades de animación e tempo libre.

O AUTOBÚS SAE ÁS 10:00 HS. E CHEGA NA PARADA DARÚA COBIÁN AREAL 
(lateral do Hospital Provincial)

Menú
Primeiro prato
Pizza con xamón e queixo
Segundo prato
Milanesa con patacas fritidas
Sobremesa
Flan

                               DATA: SÁBADO 8 DE XUÑO DE 2013
HORA E LUGAR DE SAÍDA:  Rúa Cobián Areal ás 10:00
HORA APROXIMADA DE CHEGADA:  Rúa Cobián Areal ás 18:30-19:00

 Ficha Inscripción Excursión de 6º de infantil e 1º de primaria ao Parque arquelóxico de Campo Lameiro


EXCURSIÓN DE 2º e 3º de Primaria ao Sendeiro da Fraga do Barragán (Pazos de Borbén)



SENDEIRO DA FRAGA DO BARRAGÁN
O noso percorrido terá unha lonxitude de 4 km aproximadamente que se farán polo sendeiro que percorre as antigas levadas de auga dos muíños do río Barragán ata o Castro da Cidade, este camiño conta cun bo firme de terra e sen apenas pendente o que fai que sexa unha ruta suave e sinxela. O inicio será na aldea de Xunqueiras (Pazos de Borbén).





O prezo  inclúe os seguintes servizos:
ü  Programa de actividades, visita aos muíños (un deles en funcionamento), percorrido pola ruta, monitores de tempo libre, actividades ambientais e de animación, viaxe ida e volta en  autobús dende Pontevedra que sae e chega na parada da rúa Cobián Areal (lateral do Hospital Provincial). Hora de saída: 9:30 Hs.
ü  Importante: os cativos deben levar cadanseu a comida e bebida

ü  para o tentempé de media mañá e o xantar.


DATA: SÁBADO 8 DE XUÑO DE 2013
HORA E LUGAR DE SAÍDA:  Rúa Cobián Areal ás 9:30
HORA APROXIMADA DE CHEGADA:  Rúa Cobián Areal ás 18:30-19:00



AGRACIADOS/AS SORTEO VALES FIMEGA




CURSO 6ºB PRIMARIA: PAZO BARROS, ANTÓN        ( SESIÓN MASAXE DE ESPALDA)
CURSO 3º B (INFANTIL):RAMOS GÓMEZ, CARMEN  ( SESIÓN MASAXE DE ESPALDA)
CURSO 3º A (INFANTIL):CID BARREIRO,  NATALIA  ( BONO INICIACIÓN PILATES)
CURSO 5º B (INFANTIL):RESUA FONTÁN,  AROA     ( BONO INICIACIÓN PILATES)
CURSO 5º A (INFANTIL):ANTON COBAS, DAVID        ( BONO INICIACIÓN PILATES)

NOTA: Para  recoller o vale poñerse en contacto co Teléfono da Anpa 688 90 80 80