Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 23 de maio de 2013

Circular 14 de 23 de maio de 2013. Curso 2012-2013




Circular 14 de 23 de maio de 2013. Curso 2012-2013

Ciclo de cine
O último filme do ciclo de cine proxéctase o sábado 1 de xuño de 2013 a partires das 17:00 hs., trátase da película de animación xaponesa “Gake no ue no Ponyo” (Ponyo nos cantís) do director Hayao Miyazaki (“Porco rosso”, “A viaxe de Chihiro”, “A pricesa Mononoke”). Sobresaliente filme de animación do extraordinario director nipón. No auditorio do Sexto edificio do Museo de Pontevedra.
O reparto de billetes será o vindeiro martes 28 de maio de 9:00 a 9:15 hs. no vestíbulo de dirección do colexio.

Reparto de balde de libros

A Xunta directiva acordou facer un novo reparto de libros de balde para as/os que non puideron recollelos o sábado asignado. Será o luns 3 de xuño de 17:00 a 20:00 hs. no edificio do comedor do colexio. Só para asociadas/os e teñen que vir cada nena/o en persoa interesada/o.
Ista iniciativa supón un esforzo grande tanto por parte de OQO editora como da Anpa ñpolo que agardamos teña unha boa acollida.


As persoas que non se anotaron a istas excursións aínda está a tempo de facelo, son o sábado 8 de xuño de 2013. Deben entregar o antes posíbel a folla de inscrición debidamente cumprimentada, a fotocopia da cartilla sanitaria e o importe. Máis información como sempre no blog e no teléfono da Anpa.

Varios
Día da muiñeira. A Anpa participa cun grupo de rapazas e rapaz, que veu preparándose os últimos sábados, no Día da muiñeira que se celebra na tarde do venres 31 de maio de 2013 polas rúas da zona vella de Pontevedra e na avenida Montero Ríos.

Actividades extraescolares. No mes de xuño haberá actividades extraescolares as dúas primeiras semanas de mes; o cargo por parte da empresa será pola metade do importe mensual habitual.
Nas diferentes actividades preparan os monitores exhibicións e demáis. Por exemplo en fúbol de pequenos haberá un partido entre eles. En baloncesto estamos a programar uns partidos contra Campolongo. En debuxo e pintura unha exposición de traballos, etc. Estade atentos.

Orlas de fin de ciclo de infantil e primaria. Nos próximos días repartiranse entre os alumnos de 6º de infantil (5 anos) e 6º de primaria as fotos e orlas de fin de ciclo. A mecánica será a mesma que nas fotos xa repartidas. Agardamos que sexan do voso interese, pero senón estades interesados POR FAVOR devolvede o sobre sen abrir.

Festa fin curso. No último día lectivo a Anpa fará a festa fin de curso para todos os alumnos do colexio. Estamos a pensar nunha festa novidosa que recupere actividades de sempre. Só podemos adiantar que este ano non teremos festa da auga. Podedes, coma sempre, aportar ideas e opinións, é o carburante que mantén en marcha ista organización.

0 comentarios:

Publicar un comentario