Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 13 de maio de 2013

Excursión de 6º de infantil e 1º de primaria ao Parque arquelóxico de Campo Lameiro


O Parque arqueolóxico da arte rupestre é un ambicioso equipamento cultural creado ao abeiro da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico –RGPA-, un programa deseñado pola Consellería de cultura e turismo da Xunta de Galicia coa finalidade de xerar un modelo integrado de xestión que satisfaga o necesario equilibrio entre conservación, investigación e difusión dos petróglifos de Galicia.O Parque arqueolóxico é un equipamento público para a investigación e para a produción de coñecemento experto sobre este patrimonio cultural, pero tamén é un espazo para transmitirlle ao público visitante un coñecemento sobre os petróglifos galegos rigoroso e, ao tempo, lúdico, didáctico e emocionante.O Parque arqueolóxico ofrece un conxunto heteroxéneo de actividades, dirixidas tanto a adultos coma ao público infantil, que pretenden ofrecer contidos patrimoniais e experiencias dunha maneira didáctica, lúdica e participativa.Escavar unha cabana, cazar con arco ou cunha xavelina, fabricar vaixelas de cerámica como as da Idade do bronce, aprender a prender lume sen mistos nin chisqueiros, facer calcos de petróglifos como os arqueólogos... son só algunhas das propostas de talleres e exhibicións que se ofrecen ao longo do ano no Parque arqueolóxico da arte rupestre de Campo Lameiro. 

O prezo inclúe os seguintes servizos:
Viaxe ida e volta en autobús dende Pontevedra.
Entrada ao parque.  Xantar (ver menú).
Programa de actividades. Monitores de tempo libre.
Realización de actividades e un dos obradoiros.
Realización  de actividades de animación e tempo libre.

O AUTOBÚS SAE ÁS 10:00 HS. E CHEGA NA PARADA DARÚA COBIÁN AREAL 
(lateral do Hospital Provincial)

Menú
Primeiro prato
Pizza con xamón e queixo
Segundo prato
Milanesa con patacas fritidas
Sobremesa
Flan

                               DATA: SÁBADO 8 DE XUÑO DE 2013
HORA E LUGAR DE SAÍDA:  Rúa Cobián Areal ás 10:00
HORA APROXIMADA DE CHEGADA:  Rúa Cobián Areal ás 18:30-19:00

 Ficha Inscripción Excursión de 6º de infantil e 1º de primaria ao Parque arquelóxico de Campo Lameiro


0 comentarios:

Publicar un comentario