Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 13 de maio de 2013

EXCURSIÓN DE 2º e 3º de Primaria ao Sendeiro da Fraga do Barragán (Pazos de Borbén)



SENDEIRO DA FRAGA DO BARRAGÁN
O noso percorrido terá unha lonxitude de 4 km aproximadamente que se farán polo sendeiro que percorre as antigas levadas de auga dos muíños do río Barragán ata o Castro da Cidade, este camiño conta cun bo firme de terra e sen apenas pendente o que fai que sexa unha ruta suave e sinxela. O inicio será na aldea de Xunqueiras (Pazos de Borbén).





O prezo  inclúe os seguintes servizos:
ü  Programa de actividades, visita aos muíños (un deles en funcionamento), percorrido pola ruta, monitores de tempo libre, actividades ambientais e de animación, viaxe ida e volta en  autobús dende Pontevedra que sae e chega na parada da rúa Cobián Areal (lateral do Hospital Provincial). Hora de saída: 9:30 Hs.
ü  Importante: os cativos deben levar cadanseu a comida e bebida

ü  para o tentempé de media mañá e o xantar.


DATA: SÁBADO 8 DE XUÑO DE 2013
HORA E LUGAR DE SAÍDA:  Rúa Cobián Areal ás 9:30
HORA APROXIMADA DE CHEGADA:  Rúa Cobián Areal ás 18:30-19:00



0 comentarios:

Publicar un comentario