ADEUS É UN BERRO QUE QUERE DECIR “BENVIDO”
(Adeus Pablo, Suso e Manuel...Benvidos novos directivos)
Estimadas/os socias/os,
familias, e comunidade educativa en xeral:
Estes días intensos, poñen fin a anos de compromiso da cabeza visible desta
directiva (Presidente, Vicepresidente e Tesoureiro) co ANPA JOAQUIN COSTA DO
CEIP ÁLVAREZ LIMESES. Queromos dirixirnos a todas/os as/os que formades parte desta asociación e
da comunidade educativa do Ceip Álvarez Limeses. Foron anos de proxectos,
traballos e desafíos. Pablo Gómez, Jesús Miguel Coejo e Manuel Álvarez adicaron 7 , 4 e 9 anos
respectivamente por e para ista Asociación, que por fin de ciclo e
outras vicisitudes familiares e persoais
deben abandoar os postos directivos dista ANPA.
Dende o resto de
directivos do Anpa queremos agradecerlle todos estes anos traballando polos
nosos cativos. GRAZAS AOS TRES , porque se ista Anpa acadou case 85% de Socios e en parte grazas a vosa labor
á fronte.
Dende a xunta
directiva da ANPA queremos
informar da necesidade de renovar os cargos actuais que van quedar
vacantes se non hai candidatos. De non xurdir candidatos, a ANPA corre risco
desaparecer e todo o que ata agora viña asumindo a Anpa se
perderá en detrimento da educación das nosas/os fillas/os. Desaparecerían os
servizos de Comedor e Plan Madruga, as actividades extraescolares, as excursións
de fin de curso etc... entre moitas das cousas nas que a ANPA é parte activa
organizativa e/ou economicamente. Isto é así e esperamos que anime a posibles
candidatos dubitativos tanto para a xunta directiva como para a formación dos
grupos de traballo.
Un pai/nai implicado en temas educativos, que participa
no ANPA, polo xeral, é un pai/nai participativo, con capacidade de iniciativa,
con certo espírito crítico, non pasivo, que á vez está a aprender sobre temas
educativos e de xestión para os que quizá non estea totalmente preparado. Tendo
en conta que as nais e os pais educamos sobre todo a través do exemplo, non son
estes os valores e as competencias que queremos que adquiran e desenvolvan os
nosos fillos e fillas? Con todo o anterior acórdase facer un chamamento á
comunidade educativa para novas propostas de candidatura e lanzar as seguintes
mensaxes:
QUE HOXE ADEUS SEXA UN BERRO QUE QUERE DICIR
“BENVIDO”
SE NON HAI
XUNTA DIRECTIVA, O ANPA DESAPARECE!!!
ANIMAR AOS
FUTUROS CANDIDATAS/OS!
VÉMONOS NA
ASAMBLEA ORDINARIA DE SETEMBRO
UN
SAÚDO A XUNTA DIRECTIVA